RELEVO NA ORGANIZACIÓN
Fin de etapa da comisión do Entroido e Santo Cristo de Laza tras 10 anos
O Colexio de Educación Infantil e Primaria (CEIP) de Medeiros, na vila de Monterrei, foi o encargado de deseñar o cartel oficial do desfile infantil do Entroido de Verín deste ano, que unha vez máis volverá percorrer as rúas e prazas verinesas a mañá do Xoves de Comadres, o vindeiro 27 de febreiro.
Os distintos colexios participantes no desfile, de concellos como A Mezquita, Castrelo do Val, Cualedro, Monterrei, Riós, Verín e Vilardevós, votaron entre as dúas propostas realizadas polo centro de Medeiros.
Así, continúa un ano máis a tradición de que sexa o centro que abre o desfile o encargado do cartaz, unha obra a base de collage que desta vez representa un capuchón mediante distintos deseños e estampados.
Como recompensa pola súa creatividade e orixinalidade, o CEIP de Medeiros recibirá un vale por un importe total de 400 euros que poderá destinar á adquisición de material escolar e deportivo en establecementos locais da vila do Támega.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
COLOR DEL AÑO
Cloud Dancer: minimalismo, calma y moda en un solo color
Los ingenieros agrícolas de Ourense renuevan su cúpula
Pepe Paz, presidente do Colexio de Enxeñeiros Agrícolas: “Temos que facer un novo rural con mais industrias agroalimentarias”
Chito Rivas
PINGAS DE ORBALLO
As esperas teñen idade?
PERDÓN POR LA MOLESTIA
Los rojos que eran (viejos) verdes