CULTURA NA EDUCACIÓN
Galería | O Entroido ensínase en Trives
A cea-baile de Comadres de Celanova alcanza este ano a súa décimo sexta edición. Unha celebración fixada para o sábado día 3 de febreiro a cal están invitadas todas as mulleres da bisbarra. Maite Estévez e Charo Gómez son a cara visible da Asociación de Comadres Celanova, que conta co apoio dun grupo de persoas e diferentes entidades. “Este ano imos superar as comadres doutros anos, porque se están apuntando a tope. 80 mulleres en tres días”, comentaba Maite Estévez.
A celebración, que arrancará ás oito da tarde cun pasacalles dende a coñecida como Calle Abaixo -oficialmente Manuel Lezón- e seguirá polas rúas do centro histórico ata ás dez da noite, hora na que comezará a cea no antigo refectorio do Mosteiro de San Salvador. “O último día para anotarse será o 1 de febreiro”, lembran as organizadoras, que explicaron como a partir das doce da noite, aproximadamente, se abrirán as portas do salón para o baile, ao cal poderán acudir os homes disfrazados de muller e as mulleres que non poidan ir a cea. “Sempre e cando veñan disfrazados. É unha festa de disfraces”, matizaba Charo Gómez.
A batucada Lenha Verde animará o pasarrúas, mentras que o grupo Galia será o encargado de animar a festa nocturna. O prezo para participar no evento é de 30 euros para a cea-baile (cinco euros aquelas que so vaian ao baile).
Despois de 16 edicións, as organizadoras desvelan que o segredo radica en “quererlle ao pobo e querer traballar por Celanova”, respondía Maite Estévez. “E o Entroido, que nos encanta. Aquí sempre houbo “a mascarita”, como dicía a miña nai. Aquí temos Entroido, non como noutros sitios pero, si montas algo, a xente aparece”, concluía Charo Gómez.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CULTURA NA EDUCACIÓN
Galería | O Entroido ensínase en Trives
FESTIVAL INTERNACIONAL
Vilariño de Conso despide el XI ViBoMask
EXPOSICIÓN DE MÁSCARAS
Galería | El espíritu del Entroido de Ourense se deja ver en el Museo do Pobo Galego
Lo último
Nueva tecnología
Los seguros, otra ventana de oportunidad en el negocio de la IA
Portal Martínez Soto
TÚ FARMACÉUTICA INFORMA
Protección solar: buenas prácticas desde la oficina de farmacia
"AMIGO LEAL DE MUÍÑOS"
Miguel Ángel Santalices, fillo adoptivo de Muíños