"Soneto do Cigarrón": Homenaxe á figura estrela do Entroido de Verín
ENTROIDO
Un verinense homenajea la figura del Cigarrón a través de un soneto que cedió al Concello de Verín
Este sábado, Edelmiro Mateo García entregoulle ao alcalde de Verín, Gerardo Seoane, un dos seus traballos: o "Soneto do Cigarrón". Mateo conta que escribiu o soneto para poñelo a disposición de todos os veciños e veciñas, a través do Concello, "para que o desfruten e o vivan".
Este entroideiro e músico de Verín decidiuse a crear este soneto debido a falta que existe de bases culturais do Entroido de Verín: "o Entorido só con festa non se mantén, as raíces están na cultura, na sabiduría, na tradición", ao que engade que "este Entroido ten moita base vivencial pero fáltalle a cultura".
Así, buscando nas plataformas dixitais, Mirito Mateo -como o coñecen na zona- percibiu que entorno á figura do Cigarrón só atopamos información sobre as diferentes partes do traxe, "ninguén gastou palabras para o Cigarrón sendo a cousa máis bonita que hai no mundo".
Porén, na situación sanitaria actual e coa non celebración do Entroido, Mateo asegura que"este ano é o Entroido da creatividade, entón eu decidín facer un soneto para o Cigarrón, así quedará como base cultural tamén". En Verín, "os que levamos o Entroido dentro temos que manifestalo dalgunha maneira, eu fíxeno a través das palabras".
No seguinte vídeo do Concello de Verín pode verse a Mirito Mateo lendo o seu soneto:
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CULTURA NA EDUCACIÓN
Galería | O Entroido ensínase en Trives
FESTIVAL INTERNACIONAL
Vilariño de Conso despide el XI ViBoMask
Lo último
IA SIN CONTROL
Del “Círculo vicioso” de Asimov al ataque autónomo de OpenAI
Víctor González
MI PLAN PERFECTO
Cuento de verano
HEMEROTECA
Historia en 4 tiempos | Verano en Manzaneda