RELEVO NA ORGANIZACIÓN
Fin de etapa da comisión do Entroido e Santo Cristo de Laza tras 10 anos
SEGURIDADE
O Concello de Xinzo de Limia reuniuse onte a mañá cos corpos de seguridade e emerxencias nunha xunta de seguridade para acordar as medidas que se levarán a cabo durante a celebración do Entroido 2025.
O Plan de Autoprotección do evento, igual que en anos anteriores, establece protocolos de prevención e resposta ante posibles incidencias a través da coordinación entre os distintos corpos de seguridade e emerxencias que actuarán no Concello durante o mes de festexos.
Durante o Entroido, o dispositivo de seguridade estará formado polo Parque de Bombeiros de Xinzo de Limia, Protección Civil, Policía Local, Garda Civil e Garda Civil de Tráfico. Tamén estarán efectivos da Cruz Vermella e do CIM e un posto médico de auxilios.
Ao ser recoñecido o Entroido como Festa de Interese Turístico Internacional prevese unha gran afluencia de persoas comezando xa o sábado día 8, polo que a Axencia Galega de Emerxencias instalará o camión de posto de mando avanzado para facilitar a resposta ante calquera eventualidade. O alcalde, Amador Díaz, recorda que “o Entroido é unha festa de todas e todos, e para iso é fundamental o respecto”.
A videovixilancia tamén se intensificará nos puntos estratéxicos da vila para garantir a seguridade tanto para os veciños como para os visitantes destas datas.
Unha das principais novidades deste ano é a ampliación da furgoneta violeta, que velará pola seguridade das mulleres ante agresións machistas e que, ademais de estar operativa nos días grandes do Entroido, estará presente tamén no Petardazo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
CAMPO A TRAVÉS
El cross provincial puso la quinta marcha
"EN BREVES" SE ANUNCIARÁ
Puente se abre a recuperar una frecuencia en A Gudiña
COMPORTAMIENTO "IMPROPIO"
El veto de Jácome a fotógrafos llega al Parlamento