30 ANOS DE HISTORIA
A Pantalla de Xinzo de Limia celebra tres décadas con homenaxes
O Xoves de Compadres en Manzaneda e na parroquia de San Martiño celebrase cunha gran festa que fixo soar o tradicional fulión durante toda a tarde e a noite, mantendo viva esta ancestral tradición.
Nesta xornada tamén se celebrou no CEIP de Manzaneda unha divertida fariñada, un dos actos máis esperados pola cativada. O alumnado e os mestres participaron con entusiasmo nesta divertida actividade que puxo o broche a un día repleto de tradicións.
Ademais, os veciños puideron asistir á colocación do Lardeiro, o símbolo emblemático do xoves de compadres, que se fixo na praza do Pendón, onde lucía pendurado no cruceiro desde primeira hora da mañá. Ao redor deste, foron colocados versos que, como cada ano, teñen como destinatarios a persoas da vila, rindo e celebrando as relacións locais.
Un Xoves de Compadres máis que confirma a forza da tradición en Manzaneda.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
30 ANOS DE HISTORIA
A Pantalla de Xinzo de Limia celebra tres décadas con homenaxes
PANORAMA CULTURAL
Mugares, referente del audiovisual a través del Entroido de Ourense
XUNTANZA VECIÑAL
Galería | Entroido en pleno mes de setembro nas rúas de Esgos
Lo último