XUNTANZA VECIÑAL
Galería | Entroido en pleno mes de setembro nas rúas de Esgos
TAMBORES E TRADICIÓN
A neve formou parte da paisaxe este sábado en Chandrexa de Queixa, pero non foi quen de apagar a ilusión nin as ganas de festa. A vila viviu unha xornada de Entroido intensa cun desfile no que participaron preto dunha decena de folións.
Un ano máis, Chandrexa volveu demostrar que o seu Entroido é unha cita imprescindible no calendario festivo do concello. Numerosos veciños achegáronse para non perder un desfile no que os bombos, aixadas e gadañas resoaron con forza, mesmo máis alá do encoro.
O desfile comezou preto das 12,00 horas, co Folión de Chandrexa de Queixa abrindo a xornada, e prolongouse durante arredor de dúas horas. As rúas enchéronse de son e movemento, nunha mañá fría na que incluso chegou a saír o sol, animando ao público a gozar da festa.
Xunto ao folión anfitrión participaron tamén Os Labregos de Trives, Viticultores de Vilamartín, Folión de Petín, O Fiadeiro, Arrieiros de Petín, Irrios de Castro Caldelas, Folión A Veiga e A Caniceira de Trives, facendo vibrar coa súa forza e enerxía.
Durante o percorrido, os grupos realizaron unha parada especial na residencia da terceira idade, onde levaron a música e a ledicia aos maiores, e fixeron un pequeno descanso para repoñer forzas antes de continuar o desfile.
A celebración continuou cun xantar popular no pavillón multiusos, onde participantes e asistentes compartiron mesa e boa compañía nun ambiente de convivencia. A festa prolongouse ata a tarde cun animado baile amenizado polo Trío D’Lider, que puxo o broche final á xornada de Entroido.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
XUNTANZA VECIÑAL
Galería | Entroido en pleno mes de setembro nas rúas de Esgos
CULTURA NA EDUCACIÓN
Galería | O Entroido ensínase en Trives
Lo último
TENSIÓN EN ORIENTE PRÓXIMO
Irán plantea reabrir el estrecho de Ormuz en siete días si EEUU acepta sus condiciones