FESTIVAL INTERNACIONAL
Vilariño de Conso despide el XI ViBoMask
Chandrexa de Queixa viviu este sábado unha xornada de Entroido intensa e chea de tradición, cun desfile no que participaron preto dunha decena de folións e varias comparsas. Entre elas destacou a formada polos usuarios e traballadoras da residencia da terceira idade, que se sumaron á festa con gran entusiasmo.
Un ano máis, a vila demostrou que no seu Entroido éreúnen a numerosos veciños que non se queren perder este defile, convertendo a cita en imprescindible no calendario festivo do concello, no que os bombos e aixadas resoan ata o outro lado do embalse.
O desfile arrancou preto das 12,00 horas, con folión de Chandrexa de Queixa abrindo a xornada, e prolongouse durante tres horas, percorrendo as rúas ao ritmo dos bombos, aixadas e gadañas. A xornada trascorreu baixo un ceo no que ata saíu o sol, animando aos máis maiores a disfrutar.
Entre os grupos participantes estiveron, ademáis do Folión de Chandrexa de Queixa, Os Labregos de Trives, Viticultores de Vilamartín, Folión de Petín, O Fiadeiro, Arrieiros de Petín, Irrios de Castro Caldelas, Folión A Veiga e A Caniceira de Trives, que fixeron vibrar a veciñanza coa súa forza e enerxía.
Durante o percorrido, os folións fixeron unha parada especial na residencia da terceira idade, levando a súa música e ledicia aos maiores do municipio. Alí ademáis repoñían forzas para continuar o percorrido.
A celebración continuou cun xantar popular no pavillón multiusos, onde participantes e asistentes compartiron mesa e boa compañía. Pero a festa non rematou aí, xa que a xornada pechouse cun animado baile amenizado polo Dúo Eclipse, que puxo o broche de ouro ao día de entroido na alta montaña ourense.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FESTIVAL INTERNACIONAL
Vilariño de Conso despide el XI ViBoMask
PRESERVACIÓN DE TRADICIONES
Nacho Rovira, coleccionista: "La Pantalla de Xinzo es una de las máscaras más originales del mundo"
EXPOSICIÓN DE MÁSCARAS
Galería | El espíritu del Entroido de Ourense se deja ver en el Museo do Pobo Galego
Lo último
BALONCESTO FEMENINO
El primer brindis de Suso Garrido por el Ensino
PROGRAMA SEMANA SANTA
Magia, religión y cultura en la Semana Santa de Ribadavia