XUNTANZA VECIÑAL
Galería | Entroido en pleno mes de setembro nas rúas de Esgos
ENTROIDO
Os Galos de San Pedro da Mezquita (A Merca), que este sábado desfilaban polas rúas de Santiago de Compostela, protagonizan o cartel da nova exposición que o fotógrafo Jason Gadner inauguraba este mes de setembro na galería Rachel Hardouin de París. O recoñecido fotógrafo internacional visitou as terras de Celanova no ano 2020, retratando e desfrutando do domingo de Entroido na parroquia da Mezquita e inmortalizando, dende primeira hora da mañá, o ritual deste Entroido local que percorre as aldeas da parroquia.
Fai uns días, a veciñanza da parroquia compartía o cartel da exposición de París, agradecidos de que Gadner escollera os ‘galos’ para a portada e tamén porque sempre poña algunha das súas fotografías nas diferentes exposicións que fixo por Alemania, Estados Unidos e agora en París.
Jason Gadner leva moitos anos viaxando polo mundo traballo que, no ano 2023, plasmou en “We the Spirits”, publicado pola editorial Gost Books, onde non faltan esta e outras máscaras ourensáns.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
XUNTANZA VECIÑAL
Galería | Entroido en pleno mes de setembro nas rúas de Esgos
CULTURA NA EDUCACIÓN
Galería | O Entroido ensínase en Trives
Lo último
Sergio Otamendi
CRÓNICA INTERNACIONAL
Meloni cambia las reglas
análisis económico
Australia, objetivo del capital internacional