30 ANOS DE HISTORIA
A Pantalla de Xinzo de Limia celebra tres décadas con homenaxes
A igrexa de San Pedro da Mezquita, no concello da Merca, foi escenario onte dunha nova sesión de baile, a protagonizada polos galos e os feligreses á saída da misa dominical. Ritos e tradicións pagás e relixiosas que se dan a man para reivindicar que o Entroido no rural está máis vivo ca nunca neste recuncho da comarca de Terra de Celanova.
O ciclo do Entroido na parroquia de San Pedro da Mezquita comezou o pasado 23 de febreiro co corredoiro do galo e onte tivo o seu día grande coa corrida dos galos polas aldeas e unha animada comida popular na antiga escola da man da asociación Os Galos da Mezquita.
As persoas que aínda non desfrutaron desta celebración, con máis de 250 anos de historia, teñen unha última oportunidade o martes co Entroido con galos pola mañá.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
30 ANOS DE HISTORIA
A Pantalla de Xinzo de Limia celebra tres décadas con homenaxes
PANORAMA CULTURAL
Mugares, referente del audiovisual a través del Entroido de Ourense
XUNTANZA VECIÑAL
Galería | Entroido en pleno mes de setembro nas rúas de Esgos
Lo último