PRESERVACIÓN DE TRADICIONES
Nacho Rovira, coleccionista: "La Pantalla de Xinzo es una de las máscaras más originales del mundo"
O meco Milei xa descansa -ou non- nas Teixugueiras-Xinzo (Cartelle) á espera da saída que, hoxe ao mediodía, está prevista polos camiños do lugar neste singular ritual do Entroido no rural da comarca das Terras de Celanova.
Onte foi o día de subir ao monte, escoller a materia prima e crear, a pé de pista, a escultura viril do que onte todos coincidían na súa semellanza cun mediático presidente latinoamericano, familiarizado coas motoserras. As bombas de palenque anunciaban o inicio do ritual, amenizado polos gaiteiros Os Rianxeiros, e cos máis maiores levando o peso dunha tradición que seguía con interese os veciños e outros curiosos achegados ata o lugar.
Tras a feitura e bautizo do meco, os presentes seguiron a festa ao redor dunha mesa na comida popular para preto de 200 persoas organizada no pobo. Un xantar que estivo amenizado polos integrantes da charanga Os Centellas, aos que despois uníronse Os Bandiños Band, no pasarrúas que a partir da medianoite seguiu polas adegas.
A programación prevista para hoxe, día grande no Entroido de As Teixugueiras-Xinzo, ten marcado para ás 12,00 horas o inicio da corrida do meco. Un horario aproximado, ao igual que o itinerario nada amistoso que lle deparará a Milei. O fin de festa está previsto para ás 17,00 horas coa lectura do testamento, sempre amenizada por Os Rianxeiros.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PRESERVACIÓN DE TRADICIONES
Nacho Rovira, coleccionista: "La Pantalla de Xinzo es una de las máscaras más originales del mundo"
EXPOSICIÓN DE MÁSCARAS
Galería | El espíritu del Entroido de Ourense se deja ver en el Museo do Pobo Galego
Lo último
La Región
¿Cuándo llega el Día de las Oportunidades?
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este domingo, 22 de marzo
CONTINÚAN LOS ATAQUES
Irán ataca Dimona, ubicación de las principales instalaciones nucleares israelíes
AUMENTO DEL 8,1%
Un año con 7 heridos graves en 40 siniestros con patinete en Galicia