O Meco xa volve presidir a troula na praza de Xinzo

ENTROIDO

Xinzo vive hoxe o Domingo Oleiro, nenos e maiores compartindo tradicións.

IAGO CORTÓN.

Os Folión dos Charrelos da Veiga foron os encargados onte de abrir a festa en Xinzo de Limia, nunha xornada protagonizada polo colgamento do Meco.

A comitiva invitada a celebración antelá animou a tarde con seu vistoso percorrido polas rúas da vila e, á noitiña, cedeu a quenda ao Meco na súa tradicional procesión dende a praza de Oriente ata a Maior, onde xa preside a festa, no alto da súa a particular atalaia.

Non faltou na tarde limiá nin a música tradicional nin o lume nin a activa participación dos veciños e visitantes que, novamente, saíron á rúa para desfrutar dun ritual que se recuperou fai 16 anos.

Tras a procesión e colga do Meco, a troula seguiu polo casco vello nunha noite na que actuaron Vai Rañala Meu e Zurrumalla na rúa Curros Enríquez.

Infantil e adultos

A xornada de hoxe é unha das máis espectaculares do Entroido, a do Domingo Oleiro. Centos de olas de barro voarán polo aire de man en man, ata acabar chocando contra o chan. Un xogo interxeracional onde todos son benvidos e que arrancará pola mañá ás 12,30 horas co Oleiro infantil e que a tarde, dende ás 17,00 horas, será a quenda para os adultos na Praza Maior e Casco Vello.

Contenido patrocinado

stats