Mecos, concursos e moitos premios en Barbadás

GUÍA DEL ENTROIDO

Os certames de Barbadás buscan fomentar a creatividade e poñer en valor as tradicións desta celebración tan arraigada

Publicado: 08 feb 2025 - 18:00 Actualizado: 10 feb 2025 - 09:41
Unha divertida comparsa no desfile de Entroido de Barbadás o ano pasado.
Unha divertida comparsa no desfile de Entroido de Barbadás o ano pasado.

O Entroido do Concello de Barbadás é un dos multitudinarios no entorno da ca pital. Cada hai ducias de actividades para facer o máis atractivo posible esta celebración máis tradicional. 

Son varios os eventos que sempre reúnen a numerosos veciños con ganas de festa. O primeiro más salientable é a Regueifa de Comadres que se oganiza ano tras ano o xoves previo o Domingo de Entroido na Praza Vella de A Valenzá. A segunda gran cita que sempre congrega a centos de veciños nas rúas de A Valenzá é o desfile infantil que terá lugar como ven sendo costume o venres antes do entroido, neste caso, o 28 de febreiro. Neste evento participan os nenos de Infantil e Primaria dos centros educativos do concello así como os usuarios do Centro Ocupacional. Este desfile percorre as rúas céntricas do concello e é seguido por país e veciños que non se queren perder o traxe elaborado polos rapaces durante estas semanas previas.

A terceira gran cita imperdible na programación do Entroido de Barbadás é o desfile que terá lugar o martes 4 de marzo e que percorrerá toda a Valenzá a través Avenida de Celanova. As comparsas, carrozas, grupos e parellas de disfraces soen facer un doble recorrido para os membros do xurado valoren a calidade, execución ou animación dos participantes. Nun palco habilitado nas inmediacións da rotonda da familia serán entregados os premios os mellores de cada categoría.

O obxectivo é repetir o éxito da pasada edición. Un aguerrido deportista tírase á piscina. Poderiamos estar a falar dos adestramentos para as Olimpíadas de París, pero en realidade, era unha das comparsas que exhibiron as súas galas no desfile de Barbadás do ano pasado. Pola avenida de Celanova da Valenzá paseou de todo: bolboretas, moitos Travolta e Newton-John e espíritos naturais de fantasía. Ollo, porque as obras tamén tiveron o seu espazo. En pleno desfile, varios operarios atrevéronse a mesturarse entre o gentío coa súa escavadora. Todo iso baixo o atento escrutinio dun pensionista. Por alí pasouse ata un pequeno tractorista, e mesmo unha peculiar parella de pioneiros da aviación. Houbo moito humor e moita sátira.

O entroido de Barbadás chegará o seu final o Mércores de Cinsa co desfile fúnebre e queima dos Mecos na avenida de Celanova que inclúe outras paralelas para clausurar a celebración da maneira máis espectacular.

Alumnos do CEIP Filomena Dato no entroido do ano pasado.
Alumnos do CEIP Filomena Dato no entroido do ano pasado.

Concursos

O concello convida a veciños, veciñas e colectivos a participar en dúas iniciativas culturais para o Entroido 2025: o Concurso do Cartel de Entroido e o Concurso de Mecos. Ambas convocatorias teñen como obxectivo promover a participación cidadá e conservar o espírito festivo e tradicional desta data tan emblemática.

O Concurso do Cartel de Entroido de Barbadás 2025 seleccionará o deseño que representará a festividade este ano. A creatividade e a orixinalidade serán os principais criterios de valoración. O prazo para a presentación de propostas rematou onte.

Por outra banda, o Concurso de Mecos de Entroido busca destacar unha das expresións máis tradicionais destas festas: os mecos, figuras creadas polos veciños e veciñas como símbolo do Entroido. Poderán participar tanto persoas individuais como grupos pertencentes a asociacións culturais, veciñais ou outros colectivos. O prazo de inscrición estará aberto desde o 29 de xaneiro ata o 14 de febreiro ás 12,00 horas, a través dun formulario en liña dispoñible na web oficial do Concello (www.barbadas.es). Para este certame estableceranse tres premios en metálico: 300 euros para o primeiro posto, 200 euros para o segundo e 100 euros para o terceiro. Os gañadores serán elixidos por votación popular no formulario habilitado a tal efecto, dende o 14 ao 24 de febreiro de 2025.

Dende o Concello de Barbadás anímase á veciñanza a participar nestas iniciativas, que buscan encher de cor, tradición e identidade cultural o Entroido 2025.

Por outra banda, o Concello de Barbadás, organiza hoxe un obradoiro infantil para elaborar a máscara da Pita e os ovos, con motivo del Carnaval de este año, 2025. A pita é unha personaxe emblemática do Entroido da Ourense, en concreto no barrio de As Eiroás. Este obradoiro está dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos e será de 16,00 a 19,00 horas no Museo da Gaita de Barbadás.

Contenido patrocinado

stats