O oso eclipsa o Entroido rural de Sande, en Cartelle
No Entroido de Sande, tras a captura do animal nas adegas de mogos, hoxe todo o protagonismo será para as bonitas que percorrerán as aldeas.
A captura do oso, nun entorno idílico entre carballos e castiñeiros nos arredores de Sande (Cartelle), estase converter nunha das citas imprescindibles para quen quere desfrutar dunha festa enxebre, tradicional e familiar. E onte o volveu a demostrar cun éxito de participantes e organización, na xornada inicial do ciclo de entroido local. Varios centos de persoas desfrutaron da comida ao aire libre nas adegas de Mogos, onde non faltou a música e a retranca, con personaxes e imaxinación que se mexturaban na paisaxe das adegas de Mogos. “Fóra plásticos”, pediu xentilmente a organización en aras a unha vestimenta máis acorde ao espazo e ao ritual, e así o entenderon os presentes que se multiplicaron na sobremesa para asistir á captura do salvaxe animal.
A festa, onde non faltou a música tradicional cos gaiteiros Somos nós, prolongouse tras a captura coa degustación de Sopa de Pedra da man da Asociación cultural Entroido As Bonitas de Sande.
O ciclo entroideiro nesta parroquia continuará hoxe, coa esperada saída das bonitas que ás 10,15 horas recibirán aos fregueses á saída da misa, percorrendo despois as aldeas da parroquia. O martes será o día do “desfile”, coas bonitas, o oso, a vaca e avutardas polo pobo de Sande e, ao remate, comida popular para a cal quedan prazas libres.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CULTURA NA EDUCACIÓN
Galería | O Entroido ensínase en Trives
FESTIVAL INTERNACIONAL
Vilariño de Conso despide el XI ViBoMask
Lo último
Társila Nóvoa González
TU FARMACÉUTICA INFORMA
Cómo proteger la vista ante el eclipse solar
Miguel Anxo Bastos
MI PLAN PERFECTO
Um dia feliz de verão