RELEVO NA ORGANIZACIÓN
Fin de etapa da comisión do Entroido e Santo Cristo de Laza tras 10 anos
O Entroido de Parada de Amoeiro 2025 xa ten programa. O Concello de Amoeiro deu a coñecer onte todos os detalles dunha festividade que enche de vida e alegría as rúas do municipio.
Este ano, o Entroido itinerante de Parada de Amoeiro, uno dos máis importantes da provincia, levarase a cabo do 2 ao 5 de marzo cun programa de actividades variadas, destacando os diversos desfiles de entroido que percorrerán as principais rúas do concello onde se poderán apreciar impresionantes carrozas, coloridos disfraces e unha outras actividades dirixidas a grandes e pequenos.
A festa dará comezo o domingo día 2 de marzo co desfile de comparsas e carrozas que percorrerá os pobos do Concello de Amoeiro. Así, pasará polo Cruce de Parada, A Bergueira, Trasalba, Bóveda, Amoeiro e Parada. Estarán acompañados polos gaiteiros “Rede Gaitas” e haberá festa amenizada por “Pen Music”.
Para o día seguinte, o desfile continuará polos pobos dos concellos de Amoeiro, Cea e Maside. O percorrido transcorrerá pola Igrexa de Parada, Garabatos, Mandrás, Pereda, Louredo, Cea, Igrexa de Garabás, Maside e Parada de Amoeiro. Amenizarán o momento a “Charanga de Bande” e o grupo “Explosión”.
A xornada do martes 4 marzo comezará cunha Sesión Vermú, seguida dun Xantar Popular para a veciñanza do pobo e para as carrozas. A partir das 16:30 h, un novo desfile pasará polos seguintes pobos de Parada: Poboanza, Casares e fondo de Parada. Haberá música e baile a cargo do grupo “Xoldra” e tamén se celebrará a entrega de premios.
A festa finalizará como marca a tradición o mércores 5 de marzo co Enterro da Sardiña na que se celebrara a Queima do Meco, momento especialmente satírico e un dos costumes máis agardados por todos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar