Saen as pantallas no Corredoiro

entroido de xinzo

O Entroido 2025 conta con máis de 60 pases de charangas e a participación de máis de 40 artistas

Publicado: 22 feb 2025 - 07:45 Actualizado: 24 feb 2025 - 09:22
Saída das pantallas no Domingo Corredoiro.
Saída das pantallas no Domingo Corredoiro.

O Entroido de Xinzo sigue queimando etapas e esta fin de semana terá lugar unha das citas máis destacadas do programa: o Corredoiro, cando as Pantallas, o popular personaxe do entroido sae por primeira vez.

En primeiro lugar teremos hoxe o Sábado Corredoiro que comezará ás 21,00 horas na Praza san Roque coa xuntanza de disfraces e grupos de disfraces para iniciar o baile de corredoiro coa orquestra Los Players (1º pase). Ao longo de toda a noite as charangas actuarán en diversos puntos da vila: Charanga Sound Band (22,00, 00,00 e 02,00 horas), Charanga Élite (23,00 e 01,00 horas), Baile de disfraces coa orquestra Los Players (00,00 horas, 2º pase).

Mañá será un día grande, coa saida das pantallas polas rúas neste Entroido 2025. Ás 12,00 horas será a Xuntanza de Pantallas e grupos de Pantallas diante do MUGAE para posteriormente chegar todas xuntas ata a Praza Maior por Dous de maio e Avenida de Madrid. O longo da xornada as charangas Élite e Sound Band farán diversas actuacións.

A programación para os vindeiros días é a seguinte:

  • Venres de Entroido: Este día será o Desfile Infantil ás 11,30 horas e ás 22,00 horas a I Fiesta Glam Entroido (temática anos 80).
  • Sábado de Entroido: Ás 18,00 horas terá lugar a actuación da Agrupación Musical da Limia e a actuación da orquesta Trébol (21,30 horas).
  • Domingo de Entroido: A xornada comezará coa alborada coa charanga Bandiños Band (11,00 horas) e continuará coas actuacións de Agrupación Musical da Limia (11,30 horas), Charanga Patalea (12,00, 14,00 y 19,00 horas), sesión vermú con LA Duendeneta (Plaza Maior, 12,30 horas), charanga Achicoria (13,00 horas), charanga Los Fugitivos (18,00, 21,00 e 00,00 horas), charanga Armanado Jarana (20,00 y 22,00 horas horas), pasarrúas cos Festicultores Troupe (23,00 horas) e concerto de Festicultores Troupe (01,00 horas, Praza Maior).
  • Luns de Entroido: actuacións de charangas sobre toda a xornada e un sesión de animación infantil ás 18,30 horas na Praza Maior.
  • Martes de Entroido: Desde ás 12,00 horas, os pasarrúas comezarán a animar aos veciños con diversas actuacións musicais que se prolongarán ata as 21,00 horas. A las 17.00 horas tendrá lugar el Gran Desfile de Entroido con ata 300 euros en premios.
  • Mércoles 5 de marzo Enterro da Sardiña: A solemne procesión do enterro comezará ás 20,00 horas e as 21,00 horas terá lugar a lectura do testamento e a queima da sardiña na Praza Maior.
  • Sábado 8, Sábado de Piñata: Ás 18,30 horas comezará na Praza Maior o xogo da cucaña e ás 20,00 horas, baile de Mascaritas e Capuchóns coa animación musical do Dúo Explosion. (Prégase vir disfrazados con capuchóns ou calquera disfrace coa cara tapada).
  • Domingo de Piñata: Desde ás 12,00 horas, as charangas Queloque´s e BBC animarán as rúas. Además, ás 17,30 horas haberá actividades infantís e obradoiros na Praza Maior e ás 19,00 horas a orquesta Kubo actuará na avenida de Ourense.

O Entroido de Xinzo de Limia, recoñecido como Festa de Interese Turístico Internacional, arrincou o sábado 8 de febreiro co tradicional Petardazo e prolongarase ata o domingo 9 de marzo co Domingo de Piñata, nunha edición que reafirma o seu carácter como o Entroido máis extenso e único de Europa.

Organizado pola Concellería de Festas, o programa deste ano ven apostando por un Entroido seguro, accesible e con actividades para todas e todos, co obxectivo de ofrecer unha experiencia de calidade tanto para a veciñanza como para as persoas visitantes. A música será unha das grandes protagonistas do Entroido 2025, con máis de 60 pases de charangas e a participación de máis de 40 grupos e artistas ao longo dun mes de programación.

Con máis dun mes de actividades, Xinzo de Limia converterase no epicentro da festa, a cultura e a diversión, ofrecendo unha oportunidade única para vivir o Entroido máis longo de Europa.

Contenido patrocinado

stats