30 ANOS DE HISTORIA
A Pantalla de Xinzo de Limia celebra tres décadas con homenaxes
Os danzantes volveron a bailar no Entroido de Vilameá, en Lobios. O exterior da capela de Santa Lucía albergou, na xornada do domingo, a espectacular representación deste baile vinculado ao Entroido na parroquia de Río Caldo. A sorpresa foi dobre para a veciñanza que, ademáis da danza, foi testemuña do regreso doutra figura esquecida do seu Entroido: “Medio século despois, nenos e maiores volveron a ter que correr diante do home do fol”, subliñaban.
Lobios vivirá hoxe o seu día grande con motivo da programación organizada polo Concello. A partir das 16,00 horas haberá pasarrúas por A Siera, dende o cuartel ata a praza Roxa coa participación da Banda de Música de Lobios. Abrirán o desfile os follateiros e, a chegada á praza, amenizará a festa o trío Vaivén. A programación, despois do baile de Entroido da Sanrela polos veciños de Vilameá e Devesa, concluirá cunha chocolatada e entrega dos premios do concurso de disfraces.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
30 ANOS DE HISTORIA
A Pantalla de Xinzo de Limia celebra tres décadas con homenaxes
PANORAMA CULTURAL
Mugares, referente del audiovisual a través del Entroido de Ourense
XUNTANZA VECIÑAL
Galería | Entroido en pleno mes de setembro nas rúas de Esgos
Lo último