CULTURA NA EDUCACIÓN
Galería | O Entroido ensínase en Trives
Como antesala este xoves da noite no Xoves de Comadres, Laza viviu ao mediodía o seu coñecido como “folión dos nenos”, no que o CEIP O Castiñeiro fixo de anfitrión, acompañado polas casas niño “Abelliñas” e “As Pisadiñas”, e coa presenza do colexio capitalino Mestre Vide.
Malia a choiva, o percorrido polas rúas de Laza non variou e deu inicio dende o centro local. Como en calquera folión nestas datas, numerosos chocos disfrazados foron abrindo paso aos pequenos xunto co son dos bombos.
O estudantado da capital portou caretas do Peliqueiro como homenaxe a Laza, decoradas con animais sobre a mitra azul
A cativada, pola súa banda, amosou a súa creatividade cunha chea de disfraces distintos. O alumnado do Mestre Vide ourensán levou preparadas, en homenaxe á vila que os acolleu, caretas do Peliqueiro, adornadas cun collage cos seus animais favoritos nas mitras, todas de cor azul. Os rapaces foron asimesmo os encargados de levar o Burro, a Formiga e a Morena, símbolos do Entroido lazao, que tampouco quixeron perder o folión. De feito, os pequenos entroideiros foron relevándose para montar no Burro.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CULTURA NA EDUCACIÓN
Galería | O Entroido ensínase en Trives
FESTIVAL INTERNACIONAL
Vilariño de Conso despide el XI ViBoMask
EXPOSICIÓN DE MÁSCARAS
Galería | El espíritu del Entroido de Ourense se deja ver en el Museo do Pobo Galego
Lo último
DISEÑO LOCAL
La solidaridad está de moda en Allariz
La Región
El derecho a morir
NACIONAL SUB-18
Dos oros nacionales para el atletismo ourensano
ACTIVISTA IRANÍ
Los nobel exigen liberar a Narges Mohammadi