XUNTANZA VECIÑAL
Galería | Entroido en pleno mes de setembro nas rúas de Esgos
EN OURENSE RÓDASE CINEMA
O cinema son cores, planos, miradas, música e palabras. Pero tamén son lugares, elementos que se quedan gravados no imaxinario colectivo. Así, dentro do OUFF organízanse dende hai seis anos Roteiros de Cine, unha ruta por localizacións de filmes gravados na provincia, para poder achegar á xente a gran cantidade de famosos longametraxes nacidos do chan por onde pisan. Porque aquí non hay camiño das estrelas, pero si moitas estrelas no camiño, brillando con intensidade especial e deixando pegada duradeira.
Así, onte celebrouse a segunda entrega desta actividade dentro do marco da súa 30 edición. Tras unha primeira viaxe polos lugares máis emblemáticos de Ourense cidade, nesta ocasión púxose camiño cara fóra da cidade para coñecer máis filmes, espazos singulares e contornas naturais que tamén forman parte da pantalla. Esta actividade leva xa seis anos propoñéndose, facéndose máis e máis rica canto máis producións cinematográficas se publican, comparten e recoñecen. Adrián Nóvoa, coordinador do roteiro, destaca que moitas persoas repiten, ansiosas por aprender, unha experiencia singular.
A primeira secuencia desta particular longametraxe foi en San Pedro de Rocas (Esgos), escenario da película “Life is Life”. O filme, que acadou unha repercusión moito maior en Latinoamérica ca en España, recreou nesta igrexa escavada na pedra moitas escenas de aventuras do filme. Alí os asistentes, moitos deles adolescentes, animáronse ata a recrear algunhas das secuencias máis coñecidas e vibrantes da obra.
A ruta continuou en Allariz, onde os asistentes puideron descubrir enclaves nos que se gravou unha das grandes películas do cinema español “A lingua das bolboretas”, de José Luis Cuerda, así como da divertida e popular comedia “Cuñados”, protagonizada por Xosé A. Touriñán e outros recoñecidos actores galegos.
Xa pola tarde, despois do xantar, o grupo desprazouse ata Celanova, escenario dalgunhas secuencias do reivindicativo e importante filme “Elisa e Marcela” e da serie “El desorden que dejas”, que acadou un grande éxito en plataformas dixitais e chegou a un público internacional.
Durante a visita, Nóvoa destacou a importancia desta iniciativa: “É importante que se promocione o cine feito aquí porque da publicidade á provincia de Ourense”.
Deste xeito, demostra que é xa unha cita consolidada dentro do festival. A derradeira entrega desta ruta polos filmes ourensanos celebrarase mañá e levará aos asistentes por Ribadavia, San Clodio e Melón, escenarios tamén dunha filmografía tan variada como exquitan. Unha entrega más da saga cinematográfica local.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
XUNTANZA VECIÑAL
Galería | Entroido en pleno mes de setembro nas rúas de Esgos
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Herida una conductora tras volcar con su vehículo en Esgos
RELEVA A MARIO RODRÍGUEZ
José Antonio Blanco toma el mando del PP de Esgos
Lo último
PODCAST Y VÍDEO
El primer café | Viernes, 18 de septiembre
DUPLICIDAD DE INGRESOS
La inmunidad de Jácome y la extraña parcialidad judicial
LEMBRANZAS
Ourense no tempo | Un Barbaña bajo cubierta