Carlos Blas, un amigo e compañeiro
OBITUARIO
Carlos Blas faleceu no Barco o pasado 29 de novembro
O día 29 morreu no Barco Carlos Blas. Para os que o tratamos queda un baleiro emocional dificil de encher. Porque os ideais de igualdade, xustiza e solidaridade foron os eixos que guiaron a súa vida e o seu talante.
Carlos naceu en Madrid en plena Guerra Civil cando a capital era asediada polo exército franquista. A familia soportaba os bombardeos dos sublevados pois vivia ao carón do convento dos Salesianos no barrio de Tetuán onde se creou o Quinto Regimiento por, entre outros, o valdeorrés Santiago Álvarez co que ao paso do tempo coincidirían en militancia no Partido Comunista de Galicia.
Na inmediata posguerra e con apenas quince anos entra na escola de aprendices de Renfe en Atocha. Saliu con aprendido de electricista e electrónica. Nos anos cincuenta chega a Valdeorras para traballar na fábrica de Cedie no campo de Martaguisela no Barco. De alí pasa á Renfe onde permanacerá ata a súa xubilación. Durante estes anos desenvolve un importante traballo sindical que se acabou plasmando na creación das CC OO comarcais. Ao tempo reorganiza o PCG ao reagrupar os simpatizantes que quedaban dispersos tras axudar á guerrilla nas décadas precedentes.
Xa retirado forma parte do Ateneo Republicano de Valdeorras do que será, xunto coa súa compañeira Fina, un socio activo e participa ata o final nos actos do 14 de Abril de cada ano ante o monumento aos represariados do franquismo.
A súa vida transcurre durante anos, décadas, nun país gris e xélido con homes e mulleres feridos polo medo e o silencio. Pola miseria e a pobreza. Pola tortura e a morte. Vivido todo no seu círculo familiar.
Mais a determinación de loitar por un mundo mellor no que a igualdade fora o eixo vertebrador encheu a súa existencia. Nese anceio Carlos era dos imprescindibles, dos guieiros que necesitabamos ante unha época na que a explotación e o irracionalismo volven a dominar.
Fina, Carlos, José Ricardo tivechedes un compañeiro, un pai do que podedes estar orgullosos. Exemplo, referente ético-político tan necesario nestes tempos de reación.
Os homes e mulleres de esquerdas de Valdeorras non te esqueceremos.
Carlos que a terra non te pese.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ESQUELAS DE OURENSE
Las esquelas de este sábado, 7 de marzo, en Ourense
ESQUELAS DE OURENSE
Las esquelas de este viernes, 6 de marzo, en Ourense
Lo último
PRESUNTO ACOSO SEXUAL
El ministro Urtasun demanda reabrir la investigación a Julio Iglesias
BECAS MEDRANO
España recupera el Erasmus Nacional para universitarios