Emilia Mesa Soriano: o atletismo galego despide a unha referente en Ourense

OBITUARIO

Publicado: 22 oct 2025 - 12:16 Actualizado: 22 oct 2025 - 12:22
Emilia Mesa
Emilia Mesa

O atletismo galego despide onte a unha das súas figuras máis queridas e emblemáticas. Emilia Mesa Soriano (Segovia, 1952), atleta máster ourensá, faleceu no día de hoxe tras unha longa loita contra o cancro. A súa perda deixa un profundo baleiro na familia atlética e en todos aqueles que a coñeceron dentro e fóra das pistas.

Desde os primeiros anos en que as mulleres comezaron a abrirse paso no deporte, foi unha das súas grandes dinamizadoras e impulsoras contribuindo co seu exemplo a consolidar e fortalecer o atletismo tanto a nivel galego cono a nivel estatal.

Iniciou a súa traxectoria ós doce anos no mundo do balonmán malia que xa desde moi cedo daba mostras das súas cualidades para a práctica do atletismo. Xa metida nel, desde a súa cidade natal de Segovia, desprazábase ata Madrid para adestrar no grupo de José Luis Pascua, o que a levou a coincidir con outra das grandes atletas ourensáns, Josefina Salgado quen xunto á sú irmán, Aurora, estabrecerían un vínculo moi forte e especial con Emilia. Esa situación orixinou que poidera coñecer a outro membro da familia Salgado, Adolfo (na foto), que acabaría sendo seu home e que tamén nos deixaba fai uns anos.

Xa instalada en Ourense e tras ser atleta internacional, aparca o atletismo para practicar outra das súas grandes paixóns, o baloncesto, deporte no que chegaría a xogar en primeira división. Co paso dos anos, e xa en idade máster, retoma novamente o atletismo acadando un sinfín de títulos internacionais en campionatos de Europa e mundiais sobre todo nas especialidade dos lanzamentos.

A Xunta de Galicia no ano 2015, distinguía e Emilia co Mérito Deportivo en Galicia, ao igual que a Federación Galega en varios actos como consecuencia dos seus importantes éxitos e logros deportivos.

Moito máis que unha gran deportista

Máis aló dos resultados, “Miliqui” será recoñecida polo seu carácter incansable, o seu amor polo deporte e o seu compromiso coa formación e o apoio ás novas xeracións de atletas. Querida e admirada en todos os círculos atléticos, o seu exemplo de esforzo, humildade e paixón polo atletismo deixa unha pegada indeleble que a convirten xa, nun símbolo de perseveranza e de amor pola vida.

Ata sempre Emilia.

Contenido patrocinado

stats