ESQUELAS DE OURENSE
Las esquelas de este martes, 3 de febrero, en Ourense
OBITUARIO
Pilar Blanco Quirós naceu no Barco a comezos da Segunda República, e por tanto a súa vida correspóndese co periodo máis convulso de España. O país que lle tocou foi demasiado doente. Só a súa forza e determinación permitironlle sobrevivir.
Cando tiña sete anos fusilaron ao pai, Abdón Blanco, en Ourense tras un consello de guerra. O delito ser alcalde de O Barco durante dous meses en representación da Fronte Popular. Venganza que se cebou amais na nai, Francisca, s quen acosaron e maltrataron os golpistas. Barbarie que acarreou a confiscación dos aforros do matrimonio.
Na inmediata posguerra Pili estudou maxisterio e exerceou de mestra na Academia Dequidt. Nos anos sesenta entra a traballar como administrativa na recen inugurada bodega cooperativa vinícola de O Barco. En esta trata con Demetrio Macia co que acabou casando.
Pili como boa barquense disfrutaba do río Sil nos verans e socializaba cun vaso de viño blanco con gaseosa. Por iso os amigos sempre preocupados pola saúde preguntaban poe ela á mínima ausencia.
Ainda que relixiosa non era beata e nunca quixo pasar páxina e esquecer a memoria dos pais. Cada vez que os nomeaba auguabaselle a mirada e no 14 de Abril asistia, mentres poido, na homenaxe que veciños da comarca celebraban ante o monumento oas represariados do franquismo ante a Casa do Riocigüeño.
Pili marchouse como era ela, con discreción e sen ruido. Os que a coñecimos só nos cabe desexar que o seu exemplo de prudencia e tolerancia pervivan.
Pili que a terra non te pese.
Obituario escrito por F. García
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ESQUELAS DE OURENSE
Las esquelas de este martes, 3 de febrero, en Ourense
ESQUELAS DE OURENSE
Las esquelas de este lunes, 2 de febrero, en Ourense
Lo último
TEORÍA Y PRÁCTICA
Examinando la evolución dentro y fuera del agua de la natación artística
COYUNTURA ECONÓMICA
Macao, la capital mundial del juego, arranca 2026 con el negocio al alza