ESQUELAS DE OURENSE
Las esquelas de este domingo, 21 de diciembre, en Ourense
ACTOR DE HOLLYWOOD
Para a maioría dos espectadores cinematográficos o primeiro encontro consciente con Gene Hackman produciuse grazas ó seu retrato de Buck Barrow, o irmán máis vello de Clyde en “Bonnie e Clyde” (1967), aínda que antes interpretara pequenos papeis en películas como “Lilith” (1964) e “Hawaii” (1966). Pero, a pesar da súa impresionante interpretación como Buck Barrow, ninguén se imaxinaría que Hackman se convertería nunha das estrelas máis rendibles dos anos 70, alcanzando o terceiro posto no ranquin da popularidade mundial en 1972.
O aspecto de Gene Hackman foi sempre o de un home de mediana idade con trazos absolutamente vulgares e cotiáns; pero enorme, tanto no físico como na calidade interpretativa. O seu rostro nunca se convertería na base da súa sorte, como era o caso de Paul Newman, ou Robert Redford ou Steve McQueen... ou si? O mesmo feito de que os galáns de Hollywood dos 60 tivesen os ollos azuis, o pelo rubio ou unha figura atlética facía posible que un rostro máis maduro e gastado e unha figura máis corpulenta, como os de Hackman, destacasen entre a multitude. Aínda así, baixo o vello “star system” de Hollywood, este ex mariño viuse limitado a interpretar papeis secundarios, en lugar de protagonista como o “Popeye” Doyle de “Contra o imperio da droga (French Connection)” (1971), de William Friedkin, o papel que o converteu nunha gran estrela.
Debido a que chegou a Hollywood cando o antigo sistema de produción dos grandes estudios se desintegraba, Hackman deuse conta de que os elencos estaban a converterse en máis fluídos, que o físico importaba xa menos que o talento e que un home que se metía xa na madurez (tiña 37 anos cando apareceu en “Bonnie e Clyde”) non estaba necesariamente condenado a interpretar personaxes característicos.
Ó principio, a súa imaxe de home normal e corrente permitiulle continuar traballando case sen parar nos catro anos comprendidos entre “Bonnie e Clyde” e “Contra o imperio da droga”. Máis tarde, Francis Ford Coppola dixo o seguinte con respecto á súa elección de Hackman para “A conversación” (1974): “Hackman era o actor ideal para ese papel debido ó seu aspecto vulgar e corrente, o trazo máis importante do seu personaxe”.
O propio Hackman cualifica ás películas anteriores á súa etapa de gran estrela como “inesquecibles”, pero durante ese período levou a cabo dúas actuacións distinguidas, como o adestrador de ski de “O descenso da morte” (1969), de Michael Ritchie, e como o fillo de idade mediana que ten que coidar un pai ancián en “Nunca cantei para meu pai” (1970).
As relacións do propio Hackman con seu pai víronse interrompidas na adolescencia cando os seus pais se divorciaron; súa nai criouno e educouno en Danville, Illinois. Os detalles biográficos desta etapa da súa vida son case idénticos ós subministrados polo guionista Alan Sharp para caracterizar ó personaxe de Harry Moseby en “A noite móvese” (1975), de Arthur Penn, para moitos a mellor interpretación cinematográfica de Gene Hackman. En 1946, Hackman mentiu sobre a súa idade (que era a de 16 anos) e puido entrar nos Marines. Tratouse dunha experiencia que lle serviu fisicamente para interpretar papeis en películas de acción (non se deixaba dobrar tan facilmente). Cando se licenciou, empezou a desempeñar diversos traballos e a interpretar pequenos papeis no teatro e a televisión ata que chegou a Hollywood.
A comezos dos anos 50, cando traballaba en xiras teatrais de verán e lle faltaban aínda dez anos para chegar a Hollywood, acostumaba a observar a Marlon Brando, sen tan sequera intuír que en 1978, lograría ver o seu nome debaixo do de Brando nos títulos de crédito de “Superman”. O personaxe de Lex Luthor deulle aínda máis fama e a partir de aí traballou a eito: en “Baixo o fogo” (1983); “Hoosiers, máis que ídolos” (1986); “Outra muller” (1987), de Woody Allen; “Arde Mississippi” (1989), de Alan Parker; a marabillosa “Sen perdón” (1992), de Clint Eastwood; “Wyatt Earp” (1994); “Poder absoluto” (1997) e “Inimigo público” (1998), entre outras.
Hackman acadou dous Oscars: o de mellor actor por “Contra o imperio da droga” e o de actor secundario por “Sen perdón”. O pasado mércores, 26, apareceu morto na súa casa xunto coa súa segunda muller. Aínda se están investigando as causas de tales falecementos. A min, Gene Hackman sempre me pareceu un actor polo que sentín e sinto certa debilidade, unha gran admiración. Está na categoría deses “secundarios” chamados Michael Caine e Morgan Freeman, por exemplo.n
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ESQUELAS DE OURENSE
Las esquelas de este domingo, 21 de diciembre, en Ourense
ESQUELAS DE OURENSE
Las esquelas de este sábado, 20 de diciembre, en Ourense
ESQUELAS DE OURENSE
Las esquelas de este viernes, 19 de diciembre, en Ourense
Lo último
TEMPERATURAS MÍNIMAS
Galería | El primer día del invierno cubre de nieve y hielo la provincia de Ourense