Obituario | Manuel Rúa Rúa, a aventura de vivir
XOGADOR DO ANTELA
Eras libre, e perderas ou ganaras non te cabreabas cos contrincantes. Desfrutabas do xogo de largas partidas de “subastado” de “Palito” e de “billar”, onde eras un catedrático.
Suavemente, con elegancia, sen medo e con un sorriso nos beizos, esperabas a Dama de Alba. Estabas na lista, e sabíalo, pero en ningún momento renúnciache o pracer de vivir. Amabas a Marina, a tua compañeira leal e protectora. Adorabas as túas fillas Eva e Maria, mirabas con orgullo os teus netos. ¿Que mais se pode pedir?
Tiven o pracer de coñecerte e compartir contigo , conversas sobre o futuro da humanidade, eras optimista e un mito como xogador do Antela, con elegancia, e sempre xeneroso cos adversarios, honesto, aventureiro, e nunca maniféstache desagrado ante os totalitarios que sempre teñen razón, por moito que berraran ti pasabas deles. Eras libre, e perderas ou ganaras non te cabreabas cos contrincantes. Desfrutabas do xogo de largas partidas de “subastado” de “Palito” e de “billar” onde eras un catedrático, que lle pregunten a Dalmiro. Moitos amigos da túa infancia espérante no infinito Cosmos para compartir contigo unha partida de…calquera xogo.
Na terra fuches feliz e esa felicidade compartíchela con todos. Que a terra te sexa leve, a Dama da Alba axudarache a chegar o reino de Hades sen pagarlle a Caronte porque navegarás no “Limia” evitando o río “Aqueronte”. Venezuela ensinoute o camiño.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
INMUNIZACIÓN DE LOS NIÑOS
Vacunación de gripe y covid en Ourense 2026: cuándo empieza, quién puede vacunarse y dónde
PREVISIÓN DEL TIEMPO
Ourense encara un fin de semana de calor con hasta 35 grados de máxima