ESQUELAS DE OURENSE
Las esquelas de este domingo, 21 de diciembre, en Ourense
DERRADEIRO ADEUS
No día de onte faleceu a causa dunha insuficiencia cardíaca aos 84 anos de idade Marcial Palomares Medina, auténtico factótum do fútbol en Cualedro. Natural de Viladerrei (Trasmiras), aos 14 anos marchou da casa paterna para asentarse en Cualedro, onde casou e pasou a súa vida, como propietario –xunto coa súa dona, Hortensita– dunha tenda de ultramarinos durante 45 anos.
Afeccionado ao fútbol (e en especial ao Madrid e ao Celta) dende moi pequeno, axudou a desenvolver este deporte no concello. Foi o impulsor de C.D. Cualedro, federado por primeira vez na temporada 1980-81. Nesta primeira etapa do club cualedrés, exerceu de adestrador. Tras desaparecer no ano 1988, o Cualedro volveuse federar na temporada 1995-96, pasando entón a realizar tarefas directivas, ocupando a presidencia do club.
En realidade, moito antes de competir no deporte federado, Marcial xa promoveu o fútbol no concello, a través de torneos locais e levando os rapaces na súa furgoneta Volkswagen alá onde houbera ocasión de disputar un partido.
Por petición expresa de exdirectivos, exadestradores e exxogadores, “en agradecemento pola súa contribución desinteresada á promoción do fútbol no noso municipio”, o 27 de xaneiro de 2022 o pleno do concello de Cualedro acordou por unanimidade poñerlle o nome de Estadio Marcial Palomares ao campo da Augatallada. O 14 de agosto dese mesmo ano realizóuselle unha merecida homenaxe no estadio que leva o seu nome.
Fóra do ámbito deportivo, cabe destacar o seu labor como xuíz de paz durante máis de 30 anos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ESQUELAS DE OURENSE
Las esquelas de este domingo, 21 de diciembre, en Ourense
ESQUELAS DE OURENSE
Las esquelas de este sábado, 20 de diciembre, en Ourense
ESQUELAS DE OURENSE
Las esquelas de este viernes, 19 de diciembre, en Ourense
Lo último
La Región
JARDÍN ABIERTO
Simbología de la flor de amarilis en Navidad
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, domingo 21 de diciembre?