Evento

Obradoiro de cunquiñas

02/01/2020
12:00 h
Museo do Viño de Galicia, Ribadavia
cartel_42
Navidad

Celebración do Nadal no Museo do Viño de Galicia coa xente miúda

Aprende a facer unha pequena cunca ao xeito tradicional. Trátase dunha actividade para toda a familia ou para grupos escolares, a partir de 4 anos. O persoal especializado do Museo do Viño de Galicia aprenderavos a técnica de modelado do barro sen torno.

En menos dunha hora cada participante realizará un recipiente, que poderá levar para casa, seguindo os modelos da olería asociada á cultura do viño. Unha actividade completamente de balde. É necesario facer reserva chamando ao 988 783 075 ou enviando un correo electrónico a [email protected]

Te puede interesar