PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, miércoles 20 de mayo?
PLANES EN OURENSE
Los planes de hoy en la provincia de Ourense, en la agenda de La Región.
Inauguración da exposición “Oficios en extinción: Imaxes que contan, persoas con historias”, unha proposta cultural que rende homenaxe aos traballos tradicionais que forman parte da memoria colectiva de Galicia e que hoxe se atopan en risco de desaparición. A mostra, realizada polos alumnos do IES Chamoso Lamas dentro do programa educativo Proxecta Foto - Fotografía en Curso, reúne imaxes centradas en homes e mulleres que dedicaron a súa vida a oficios artesanais e labores transmitidos de xeración en xeración. A través da fotografía e do relato humano, a exposición busca poñer en valor tanto as técnicas e ferramentas destes traballos como o patrimonio inmaterial galego que representan.
Proxección do documental “Ramón Otero Pedrayo, dereito á paisaxe”, dirixido por María José Bravo Bosch e realizado coa colaboración das Bibliotecas Móbiles da Xunta de Galicia (Furgoteca). A obra aborda a conexión do escritor co territorio e a elaboración da considerada primeira guía de Galicia, afondando na súa visión da paisaxe e da natureza como elementos fundamentais da identidade galega.
Gonzalo Eiriz inaugura “De pupila a pupila”, unha exposición na que reinterpreta os relatos da modernidade tardía a través das fracturas do presente. A súa proposta escultórica introduce unha linguaxe persoal entendida como experiencia sensorial.
A asociación veciñal de Señorín impulsa a súa primeira andaina popular, cun percorrido de 10 quilómetros pensado para fomentar a convivencia e facer comunidade. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 31 de maio na oficina de Avatel da rúa Norte.
Ourense acolle a Festa Correlingua coa participación de dezasete centros educativos de Ourense, Maceda, O Carballiño, Vilamartín de Valdeorras e Nogueira de Ramuín. O alumnado gozará dunha xornada con actividades lúdicas, animación e música da man da Mekánica Rolling Band. Haberá programación tanto na Praza Maior como no Auditorio Municipal.
Proxección do documental “Banda sonora para un golpe de estado”, unha obra na que o jazz e os procesos de descolonización se mesturan nun intenso percorrido histórico ambientado na Guerra Fría.
O alumnado do Conservatorio participa na programación das Letras Galegas cun concerto de percusión ao aire libre dentro do ciclo “Música na rúa”.
Última sesión do festival “Pint of Science”, centrada nesta ocasión na temática “Alimentando o futuro: do mar á tradición”. A actividade contará con charlas de investigadores e científicos especializados.
Presentación da obra “Habelas hainas”, de Paco Ascón, un percorrido polos amores de Herminio e Divina. O autor estará acompañado por Xabier Casares, Avelino Jácome, Armando González e Evelio Traba.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, miércoles 20 de mayo?
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, martes 19 de mayo?
Lo último