PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, sábado 4 de julio?
PLANES EN OURENSE
Los planes de hoy en la provincia de Ourense, en la agenda de La Región.
Inauguración da exposición "As palabras postas en fío: o álbum de Carmen Martín Gaite en Piñor", unha mostra comisariada por Luis Conquero que revela a profunda vinculación da autora coa súa localidade de veraneo. O fondo familiar "Álbum Gaite" reúne máis dun cento de fotografías e notas manuscritas que serviron de base para as súas coñecidas "novelas de Piñor". A xornada comezará cun paseo literario guiado por David G. Couso polos espazos que inspiraron a escritora. Ademais, o Concello presentará a sinalización permanente do roteiro e unha mostra estable no local social de Piñor. O acto rematará cun encontro veciñal no Bar O Regueiro.
Baixo o lema "Orgullo e camiño", Celanova celebra unha nova edición do seu Orgullo, reafirmando o seu compromiso coa diversidade. A programación comezará ás 12:30 horas cunha sesión vermú amenizada pola Banda de Música de Celanova. Xa pola tarde, a partir das 20:00 horas, terá lugar a animación nas rúas e a gran gala-espectáculo presentada por Verónica Romero, Lucía Pérez, Nacha la Macha, Chanel Anorex, Roberto Aragón, Iria González, Zarah Lax, Sula DJ e Dr. Slump.
O ciclo "O son dos colleiteiros" inaugura a súa programación cun concerto de Kike Carrera no Casal do Canteiro de Frías. A iniciativa continuará todos os sábados ata o 16 de agosto en diferentes adegas da comarca do Ribeiro, combinando actuacións musicais con degustacións de viño. A primeira cita ofrecerá un formato acústico e íntimo.
A Praza do Pobo acolle unha nova edición da Festa da Paella. A partir das 21:30 horas servirase a degustación de paella acompañada de pan, bebida e sobremesa. Desde unha hora antes haberá ambiente festivo coa charanga Street Band e as actuacións dos grupos Crónicas Pop e un DJ. O prezo é de 10 euros para adultos e 5 euros para menores de 12 anos.
A Casa do Chocolate de Teimende celebra unha xornada de portas abertas para dar a coñecer a súa historia e o valor cultural e gastronómico do cacao, considerado historicamente o "alimento dos deuses". O programa inclúe dúas visitas guiadas gratuítas ás instalacións, acompañadas dunha explicación sobre o proceso de elaboración do cacao e unha degustación exclusiva. As visitas desenvolveranse ás 11:30 e ás 16:00 horas.
A segunda edición do concurso de Pintura Rápida baixo o título "Desde Ponte Vella y su entorno" reunirá artistas que pintarán en directo diferentes recunchos da cidade. O público poderá seguir o proceso creativo das persoas inscritas ao longo da xornada.
Alba de Vales presenta "Contos arredor do lume", un espectáculo de narración oral que reúne historias, cancións e imaxes da tradición popular para achegar ao público a memoria e o patrimonio inmaterial da comunidade.
O Centro Dramático Galego, en coprodución con Nota Clandestina, Píralampo e a Asociación Cultural Prado, representa "Calvos de Randín", un espectáculo teatral que reflexiona sobre as fronteiras e a memoria dos territorios raianos.
Fran Rei leva a escena "Hamelín", un espectáculo familiar inspirado na coñecida lenda do frautista que reflexiona sobre a manipulación, a responsabilidade colectiva e o engano a través do humor e do teatro para todos os públicos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, sábado 4 de julio?
DEL 2 AL 5 DE JULIO
Todo listo en Ponferrada para el gran desfile de la Noche Templaria
PRODUCTO OURENSANO
XXXIII Festa de Exaltación do Pan de Cea
MÚSICA Y GASTRONOMÍA
Programa del Festival SilFest 2026 en Valdeorras
Lo último