Concerto de Son Galaico

A VEIGA

07 sep

Detalles del evento

Praia dos Franceses, A Veiga
7 sep
20:00
Presencial
Son Galaico.
Concerto de Son Galaico | La Región

O concello da Veiga acolle hoxe, ás 20,00 horas, unha nova cita da primeira edición do festival “V Nove, Camiño Valdeorras”. O areal dos Franceses, no encoro de Prada, que este ano estreou a bandeira azul, será o escenario para recibir o concerto de Son Galaico, un evento de entrada totalmente libre.

Esta actuación, que tivo que ser aprazada o pasado 24 de agosto por causas meteorolóxicas, enmárcase nun amplo itinerario cultural que está a achegar propostas de música, humor, narración oral e natureza a nove concellos da comarca en espazos ao aire libre vinculados ao patrimonio e á paisaxe.

O proxecto “V Nove” conta co patrocinio de Turismo de Galicia e a colaboración da Deputación de Ourense. Tralo seu paso pola Veiga, o itinerario de V Nove continuará dinamizando a comarca ata o 25 de outubro con novas actividades noutros municipios como Petín, O Bolo, Carballeda, Vilamartín, O Barco e Rubiá.

Contenido patrocinado

stats