PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, domingo 21 de diciembre?
Detalles del evento
O vindeiro domingo 25 de maio, o Auditorio Municipal de Ourense, acollerá unha cita agardada polos amantes da tradición: o concurso de danza tradicional galega, unha iniciativa promovida pola Coral de Ruada que dará comezo ás 15,00 horas. Este evento nace da ilusión, o esforzo e o compromiso por poñer en valor o patrimonio cultural galego, con especial atención á danza popular, unha das expresións máis vivas da nosa identidade colectiva.
O certame busca non só recoñecer o talento das novas xeracións, senón tamén render homenaxe ás persoas e grupos que manteñen viva esta herdanza cultural. A participación está aberta a grupos pertencentes a asociacións folclóricas, recreativas, agrupacións xuvenís, culturais, de veciños, centros parroquiais, ou calquera outro colectivo interesado. Así, haberá catro categorías, que abarcan desde nenos de ata 10 anos ata maiores de 18, favorecendo así a participación interxeracional e o relevo cultural.
O xurado estará formado por tres especialistas de recoñecido prestixio no eido do baile e da música tradicional galega, totalmente alleos á organización da Coral de Ruada, o que garante a transparencia e calidade na valoración das actuacións. Neste ano 2025, no que o Día das Letras Galegas está dedicado ás cantareiras e á poesía popular oral, a Coral de Ruada quere sumarse á celebración cunha actuación moi especial. Subirán ao escenario as Pandereteiras de Zobra, un grupo de mulleres veteranas que, con orgullo e perseveranza, souberon conservar e transmitir a tradición oral galega.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, domingo 21 de diciembre?
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, sábado 20 de diciembre?
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, viernes, 19 de diciembre?
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, jueves, 18 de diciembre?
Lo último
TEMPERATURAS MÍNIMAS
Galería | El primer día del invierno cubre de nieve y hielo la provincia de Ourense