ALLARIZ
XV Xornadas de Carne de Boi
ARQUEOLOXIA
Detalles del evento
Dentro do ciclo “Arqueoloxía en monodose”, o Museo Arqueolóxico de Ourense organiza unha nova sesión para descubrir novas propostas para coñecer o noso patrimonio. Nesta ocasión haberá unha charla sobre “Arqueoloxía experimental: os vasos cilíndricos de San Cibrao de Las”, e a presentación do documental “A madeira no espello da cerámica”. Na charla contarase coa presenza do artesán da madeira Tito Ledo Roca, a profesora de Prehistoria da USC Pepa Rey, a científica titular no Instituto de Ciencias do Patrimonio María Martín Seijo e a produtora Pilar Abades.
O documental “A madeira no espello da cerámica” xorde a partir do diálogo establecido entre a cerámica e a madeira a partir do estudo dos vasos cerámicos tipo San Cibrao de Las, singulares dentro da produción oleira da Idade do Ferro no Noroeste peninsular.
ONDE: CC MARCOS VALCÁRCEL
CANDO: ÁS 19,30 HORAS
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ALLARIZ
XV Xornadas de Carne de Boi
FIESTAS POPULARES
Fiestas de Santa Teresita 2026
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, viernes 25 de septiembre?
Lo último
“Un campo cheo de estrelas”
Vídeo | El Xacobeo 2027 estrena himno e identidad visual con la estrella del Botafumeiro como símbolo