PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, miércoles, 4 de febrero?
ENTROIDO DE LAZA E VERÍN
Detalles del evento
Os Entroidos de Laza e Verín entran na súa semana grande con actividades para tódalas idades. Así, a vila lazá celebra mañá, dende as 14,00 horas, o folión dos nenos, coa participación dos CEIP locais O Castiñeiro e Mestre Vide, así como das casas niño Abellinas e As Pisadiñas. A rapazada promete encher as rúas e prazas de Laza con ledicia, cor e moito ruído, símbolos clave do seu Entroido.
Pola súa banda, a vila do Támega quentará igualmente motores mañá para a noite do Xoves de Comadres co seu xa tradicional desfile infantil de Entroido, no que participarán tódolos centros de ensino da comarca, así como de localidades veciñas, con colexios da Mezquita, Castrelo do Val, Cualedro, Monterrei, Riós, Verín e Vilardevós.
O percorrido, que estará encabezado polo CEIP de Medeiros, arrancará ás 11,45 horas, sairá dende o entroncamento de Canella Cega coa rúa Cabreiróa, rúas Deputación, Luís Espada e Lisa, para finalizar na praza García Barbón.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, miércoles, 4 de febrero?
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, martes, 3 de febrero?
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, lunes, 2 de febrero?
COMERCIO LOCAL
A Feira do 2 en Valenzá
Lo último
Itxu Díaz
EL ÁLAMO
Faltaría más
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este jueves, 5 de febrero
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: jueves, 5 de febrero