Chega á Fundación Vicente Risco unha exposición de esculturas comestibles

PRESENTACIÓN

Fina Rei presentará en Allariz este venres, 7 de febreiro, unha exposición composta por esculturas comestibles que reflexan cinco etapas vitais. Durará ata o 20 de abril.

07 feb

Detalles del evento

Allariz
7 feb
20,00 horas
FUNDACIÓN VICENTE RISCO ALLARIZ
Chega á Fundación Vicente Risco unha exposición de esculturas comestibles | La Región

Fina Rei achega á Fundación Vicente Risco a exposición “Legatum, da escultura ao chocolate”, que o 7 de febreiro ás 20,00 horas fará a presentación na sua sede en Allariz.

A exposición durará ata o 20 de abril e nace de valores como a sustentabilidade e a circularidade dos materiais, por iso xuntaron actores de campos moi diversos, unindo artistas con mestres chocolateiros, artesáns e produtores agrícolas con deseñadores. 

As esculturas, que representan cinco etapas vitais veñen en caixas que tamén son parte fundamental do proxecto, e pódense utilizar en forma de cápsula do tempo e, por suposto, reciclar. “Eliximos esta exposición pola reciprocidade e constante colaboración mutua” aclarou Celia Pereira, presidenta da fundación.

Os artistas

As esculturas comestibles foron elaboradas por cinco artistas extraordinarios, comezando por Ascisclo Manzano, un dos artífices do proxecto e autor da “Xénese” desta colección. Para xogar coa dualidade, elixiuse ao seu fillo, Ascisclo Novo, para que pechase a exposición. As súas esculturas representan o nacemento e o final. Procurando utilizar materiais de proximidade, o aceite de oliva virxe con especias da trufa dálle gusto a “Perenne”, o traballo de Ascisclo Novo.

Soledad Penalta, escultora de aceiro, colabora na exposición con “Agarimo”, unha escultura que representa a infancia a través dos tons afroitados. Outro dos escultores é Arturo Andrade, quen ademais de ser escultor é luthier, e agasalla a exposición con “Díscolo”, representando a adolescencia a través da froita da paixón e o chocolate branco. Pola sua banda, Xosé Cid esculpiu “Odisea”, un símil coa madurez con sabores a castaña, laranxa e ron.

“Non é chocolate só, senón unha procura da replica das esculturas orixinais. Un bombón de tamaño grande recheo de sabores que rememoran o tempo que representa cada figura”, explica Miguel Ángel Mosquera, xerente de Fina Rei.

Contenido patrocinado

stats