A Gudiña celebra a IV Cea do Magosto con música e xogos
MAGOSTOS
Será o próximo 31 de outubro no Pavillón Municipal e as entradas xa se encontra á venda por 15 euros
Detalles del evento
O Pavillón Municipal da Gudiña converterase o vindeiro sábado 31 de outubro no punto de encontro da veciñanza e dos visitantes con motivo da celebración do IV Cea do Magosto, unha cita que combina lecer, música tradicional e gastronomía para render homenaxe a unha das tradicións máis arraigadas do outono galego.
A programación arrancará ás 16,00 horas cun torneo de tute, no que as parellas participantes deberán aboar unha inscrición de 10 euros e poderán optar a premios. Unha hora máis tarde, ás 17,00 horas, chegará a quenda das actividades dirixidas ao público infantil e doutras propostas pensadas para gozar en familia.
A música tradicional terá un papel destacado a partir das 19,00 horas, coa participación da Asociación Cultural Os Torgueiros, que contribuirá a crear o ambiente festivo propio desta celebración. A continuación, ás 19,30 horas, abriranse as portas para a cea popular, cun menú que inclúe empanada, chourizo, porco ao espeto, bica, auga, viño e as tradicionais castañas. O prezo será de 15 euros para o público en xeral e de 10 euros para os menores de 10 anos.
A música tradicional terá un papel destacado a partir das 19,00 horas, coa participación dos Torgueiros
As persoas interesadas en participar poderán adquirir as entradas no Edificio Multiusos da Gudiña en diferentes quendas. Este martes 20, de 9,00 a 11,00 horas; o venres 23, de 12,00 a 14,00 e de 18,30 a 20,30 horas; e os días 26, 27 e 28 de outubro, de 16,30 a 19,30 horas. O mércores 28 será o último día para realizar o pagamento e recoller as entradas, xa que as prazas son limitadas.
A festa prolongarase coa actuación de A Esmorga, encargada de poñer o broche musical á xornada cunha festa de entrada libre, aberta a tódalas persoas que queiran sumarse á celebración.
O evento está organizado polo Concello da Gudiña e a Comisión O Carballal, coa colaboración da Asociación Cultural Os Torgueiros, co obxectivo de promover a convivencia e manter viva a tradición do magosto a través dunha xornada que reúne gastronomía, música e actividades para todos os públicos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último