Lembranza dos amigos quince anos sen Marcos Valcárcel
CENTRO CULTURAL
A xornada, concibida como un encontro simbólico de lembranza, incluirá a lectura pública de textos do autor, moitos deles publicados no seu blogue “As uvas na solaina”, un xeito de devolver á palabra o protagonismo que sempre tivo na súa traxectoria.
Detalles del evento
Quince anos despois do seu pasamento, Ourense volverá deterse para lembrar a figura de Marcos Válcarcel, investigador, escritor e profesor que deixou unha fonda pegada na vida cultural da provincia. O Centro Cultural Marcos Válcarcel, que herdou o seu nome e parte do seu legado, acollerá mañá venres ás 19,00 horas un acto de homenaxe no que participarán diversas personalidades que mantiveron con el algún tipo de relación.
A xornada, concibida como un encontro simbólico de lembranza, incluirá a lectura pública de textos do autor, moitos deles publicados no seu blogue “As uvas na solaina”, un xeito de devolver á palabra o protagonismo que sempre tivo na súa traxectoria. Ademais, Brasas ofrecerá unha actuación especial evocando a sonoridade de The Shadows.
O acto pretende lembrar non só o intelectual, senón tamén o home comprometido coa súa terra, aquel referente cultural e de pensamento que, tralo seu falecemento, espertara unha onda de pesar nunha Ourense que aínda segue orfa. Da súa biografía queda o recordo dun militante da cultura, infatigable dinamizador e divulgador da identidade ourensá, calidades que hoxe continúan inspirando proxectos e xeracións. Esta homenaxe procura, así, manter viva a súa voz e reafirmar a vixencia dun legado que segue a medrar tres lustros despois.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ROCK ARGENTINO
Concierto Pacífica en Café & Pop Torgal
EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA
Exposición "Ecosistema dunha rodaxe"
Lo último
XESTIÓN DO TERRITORIO
A Casa Vella de Amiadoso, en Allariz, une cultura e ecoloxía para protexer o agro