O Museo do Entroido acolle unha charla sobre as máscaras

07 feb

Detalles del evento

Por determinar
7 feb
20,30 horas
Los Follateiros de Lobios y los Farrumecos de Sobradelo (Xunqueira de Ambia)
O Museo do Entroido acolle unha charla sobre as máscaras | Bruno Losada

O Museo Galego do Entroido acolle unha conferencia sobre as máscaras tradicionais en Galicia o vindeiro venres 7 de febreiro ás 20:30h. “Máscaras en Galicia: máscaras de Entroido, Corpus e outras festas” é o nome do acto, que estará a cargo do historiador e especialista en etnografía Julio I. González Montañés. 

O evento contará tamén coa presentación de X. Anxo Rosales, etnólogo e membro da Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA). A charla abordará o papel das máscaras na tradición galega, dende o Entroido ata outras festividades como o Corpus, explicando a súa evolución e significado cultural. A iniciativa está organizada polo Concello de Xinzo de Limia, a través da súa Concellería de Cultura, en colaboración co Museo Galego do Entroido e a Sociedade Antropolóxica Galega, e forma parte dun ciclo de charlas sobre o Entroido que se programa nesta época.

Carlos Gómez, concelleiro de Cultura, fai fincapé no douto que é Julio I. González, quen imparte a conferencia, na relación entre as diversas máscaras de Galicia. Falara da orixe do Entroido e da relación coa relixión que ten esta festa pagá. “É un tema interesante para os que conservamos o sentimento do Entroido”.

Contenido patrocinado

stats