Terceira edición do Frei Canedo de verán
A PONTE
Detalles del evento
O Campo da Feira da Ponte acollerá esta fin de semana a terceira edición do Frei Canedo de Verán, festa organizadas pola Asociación Cultural Frei Canedo da Ponte. Dende a asociación animan á veciñanza a acudir disfrazada para encher de cor, imaxinación e ambiente festivo o escenario festivo.
A programación oficial dará comenzo o venres 4 ás 20,00 horas cun pasarrúas a cargo de Cantares da Cunha. O sábado 5 comezará unha completa xornada que contará cunha sesión vermú ás 12,00 horas. Os máis cativos poderán disfrutar de xogos de balde, inchables e talleres entre as 12,00h e as 14,00 horas e das 16,00 ata ás 19,00 horas, ademais dunha festa da espuma ás 17,30 horas. Os adultos poderán competir no concurso de touro mecánico ás 18,30 e todos poderán disfrutar do tradicional xantar popular ás 14,30 cun custo de 35 euros con pulpo e churrasco. Ás 20,00 horas arrancará o concurso de disfraces e ás 21,00 o gran baile de disfraces e festa DJ que servirá de colofón a unha xornada chea de actividades.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, miércoles 2 de septiembre?
FIESTA PATRONAL
Festas do Portal de Ribadavia
Lo último