FESTIVAL
Xoldra de Aguiar 2026
RIBADAVIA
Detalles del evento
O Festival Arteficial celebra a súa vixésima edición os días 4 e 5 de setembro de 2026 en Ribadavia, consolidándose tras dúas décadas como unha cita indispensable coa cultura alternativa, a música e a sustentabilidade no rural.
O evento, de acceso gratuíto, enche de vida os espazos singulares da vila do Ribeiro combinando unha proposta musical diversa con actividades para todos os públicos. O cartel deste ano reúne talento internacional, estatal e galego con nomes como Basic Partner (Francia), Scúru Fitchádu (Portugal/Cabo Verde/Angola), San La Muerte Cumbia Club (Portugal/Latinoamérica), La Rate Tímide, Su Garrido Pombo, Peitoescuro, Ao (BCN/Ribadavia/Brasil), xunto coas sesións de DJ Ferromona, DJ Grima, Sapoconcho Semponcho e DJ BalConde.
A programación arranca o venres 4 no Museo Etnolóxico con visitas guiadas á histórica imprenta tradicional El Ribadaviense (fundada en 1870) e o obradoiro de creación musical Son Electrónico, antes das actuacións da primeira xornada. O sábado 5, a actividade trasladarase principalmente entre o barrio da Madalena e Buxán, acollendo obradoiros interxeracionais, o tradicional pasarrúas de xigantes e cabezudos co grupo de gaitas Airiños, o mercado artístico de proximidade Mercado das Sementes e unha intensa xornada de concertos ao aire libre.
Unhafin de semana de festa, comunidade e baile para celebrar 20 anos facendo cultura desde o corazón do Ribeiro.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último