JORNADA REPROGRAMADA
El Foro con Miguel Ángel Aguilar pasa al miércoles 11
FORO LA REGIÓN
A historia da emigración ourensá polo mundo centrou o primeiro Foro La Región do 2025. Os convidados para disertar sobre esta cuestión foron o escritor Antonio Piñeiro; a xornalista Maribel Outeiriño; o secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e o director de Bolanda, Ediciones e Marketing, Antonio Couto.
A xornalista Carolina Piñeiro, filla de Antonio Piñeiro, foi a encargada de moderar o coloquio e introducir os temas de debate. A primeira parte do Foro La Región centrouse na obra de Piñeiro “Ourense: crónicas de agora e sempre”, na que o escritor celanovés recompila os artigos escritos para este xornal sobre historias de diferentes emigrantes ourensáns. “Eu son coleccionista de ourensáns. Trato de relacionar estas historias que narro ca actualidade, cos sucesos que están pasando no mundo”, afirmou Piñeiro.
Tal e como explicou, o autor, a magnitude da emigración en Ourense é tal que a través dos relatos dos ourensáns polo mundo, pódese coñecer toda a historia contemporánea. Para Piñeiro, os logros da emigración ourensá son e deben ser “un motivo de orgullo para toda a provincia”.
Respecto aos trazos comúns que caracterizaron a poboación emigrante ourensá, Antonio Piñeiro sinalou a “humildade, o compromiso ca terra e ca sociedade galega, a capacidade de integración ao lugar de acollida sen renunciar aos seus principais e a querenza por volver as súas orixes”. Ademais, resaltou a importancia de que estas historias sexan recollidas por un xornal como La Región, xa que “foi sempre un punto de referencia para todos os emigrantes ourensáns. Temos o exemplo con La Región Internacional, que supuxo un antes e un despois para que os ourensáns no exterior puideran sentirse cerca da súa terra”.
Neste punto do Foro La Región, tomou o relevo Maribel Outeiriño para explicar a importancia de La Región Internacional. “Fue un fenómeno único en el mundo. No solo llegábamos a los emigrantes ourensanos, sino a todos los españoles. Fuimos capaces de trasladar el día a día de la provincia a los diferentes rincones del mundo”, aseverou a xornalista. Respecto a súa propia visión dos relatos dos emigrantes, sinalou que “la historia te aporta ese toque de humildad, para que no nos creamos los más modernos, porque todo está inventado ya”.
“Nada máis ver o material que nos propuxeron dende La Región, dinme conta de que este ía ser un deses libros que as editoriais gústanos publicar”, explicou Antonio Couto, director de Bolanda, a editorial encargada de publicar o libro “Ourense: crónicas de agora e sempre”. A hora de definir o contido da obra, Couto sinalou que “é unha especie de metahistoria de Ourense contada a través de personaxes moi diversos. Ademais é fácil de ler”. Respecto ao traballo da súa editorial, explicou que se encargan fundamentalmente de recompilar historias da emigración galega. “Eu son un convencido da frase que di que a Galicia moderna forxouse en América”, afirmou.
Antonio Couto quixo ir máis aló e explicou que “a emigración é a grande epopea do pobo galego. Neste ámbito quizais só nos vexamos superados polos irlandeses”. Ademais resaltou que todos os que triunfaron no exterior “retornaron e achegaron algo a súa comunidade de orixe”.
A visión actual dos galegos na diáspora achegouna o secretario xeral de Emigración da Xunta de Galicia, Antonio Rodríguez Miranda. “A realidade dos galegos no exterior na actualidade é moi diferente a que se viviu no século XX. Eu resumiría a situación actual cun dato: o 80% dos galegos que residen no exterior xa naceron neses países”, aseverou Miranda.
Esta situación ten relación para o secretario xeral de Emigración cun “sentimento especial de pertenza que teñen os emigrantes galegos, unha característica que non teñen os outros territorios. Isto permítenos que a pesar de que 80% naceu fóra de Galicia, sigan sentíndose galegos”, finalizou Miranda.
Son máis de 190 historias de galegos no exterior as que leva escritas Antonio Piñeiro neste xornal durante as dúas últimas décadas. Aínda que lle resulta difícil quedarse só con unha delas, sempre que se lle pregunta elixe a historia do paleontólogo Castor Cartelle que emigrou a Brasil. “Esta entre as 100 primeiras historias que escribín. Era un home que no seu momento estaba moi ben considerado no estado brasileiro de Minas Gerais, onde fundou o Museo de Paleontoloxía. A vida lévate por camiños inescrutables”, explicou no Foro La Región.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
JORNADA REPROGRAMADA
El Foro con Miguel Ángel Aguilar pasa al miércoles 11
CC MARCOS VALCÁRCEL
El Foro La Región revive la historia del último maqui con Juan Carlos Alonso
Lo último
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
La creatividad y la política
Pilar Falcón
DÍAS Y COPLAS
Febrero, el coreógrafo breve
Fermín Bocos
La insostenible posición de Óscar Puente
PRIMERA FEB
El COB se ahoga en Fuenlabrada (78-71)