100 días de protección e reactivación
A Tribuna
Nestes meses, as decisións que tomamos sempre se encamiñaron a evitar un segundo confinamento
A tradición establece que os Gobernos teñen 100 días para definir o rumbo da súa acción. Un período de gracia no que existe unha actitude de cortesía ante os posicionamentos do novo Executivo, mentres este define as súas liñas estratéxicas e desenvolve os seus primeiros proxectos.
A pandemia mudouno todo e tamén isto. Galicia emitiu en xullo un mandato claro, no que esixía un Goberno que emprendese a marcha a velocidade de cruceiro, cunha folla de ruta clara e con maior capacidade de traballo inmediato ca nunca.
E iso foi o que tentou o Goberno da Xunta dende o minuto un. Non nos podiamos permitir titubeos, porque o desafío que afrontamos é vencer á maior crise sanitaria, económica e social da nosa historia recente.
E démoslle resposta co arranque de lexislatura máis intenso da historia recente da autonomía. Conseguimos poñer en marcha unha ducia de proxectos de Lei, entre os que destacan a reforma da de Saúde, a de Recuperación da terra agraria e os Orzamentos máis sociais da nosa historia, elaborados e tramitados en tempo récord.
Xestionamos a segunda onda coa maior axilidade, conseguindo que a resposta sanitaria fose máis eficiente, cun incremento da capacidade de diagnóstico, reforzos de persoal e o asesoramento do comité clínico, cuxas recomendacións nos axudaron a tomar decisións. Gracias a todo isto, Galicia segue a ser unha das comunidades nas que menos impactou a COVID dende o comezo da pandemia.
Centrámonos nos máis vulnerables, poñendo en marcha todas as ferramentas para mellorar as condicións de vida dos nosos maiores -especialmente nas residencias- e para que as feridas sociais desta recesión sexan menos fondas. Galicia pode dicir con orgullo que nunca deu unha vida por perdida e que sempre está a carón de quen máis o necesita.
Volvemos negar a falsa dicotomía entre saúde e economía. Nestes meses, as decisións que tomamos sempre se encamiñaron a evitar un segundo confinamento. Acompañamos as medidas de peche con plans de axudas dos que se puideron beneficiar 40.000 autónomos, microempresas e sectores como a hostalería, das máis altas de toda España. E logramos que a galega sexa unha das economías que menos caeu desde o mes de marzo.
Foron 100 días nos que primou a protección, pero nos que nunca perdemos de vista a reactivación económica. Fomos quen de presentar unha Lei de Simplificación para que a administración sexa a gran facilitadora da actividade económica e da creación de emprego. Presentamos unha candidatura seria e argumentada para a captación dos fondos europeos Next Generation, que agardamos que nos sirvan para darlle un pulo á modernización e dixitalización da nosa economía e a un cambio do noso modelo produtivo.
Estamos a traballar de cheo na construción da Galicia da próxima década, porque a pandemia pasará pero os desafíos de futuro seguirán presentes. Seguimos soñando cunha Galicia moza, familiar, verde e innovadora e seguiremos traballando para conseguir a mellor terra para nacer, crecer e construír proxectos de vida e de futuro.
Por iso, volvendo a ollada atrás a estes 100 días iniciais de Goberno, se un se pregunta se vale a pena ocupar responsabilidades de goberno por cuarta vez, a resposta é un si rotundo. Porque a única honra maior ca servir a Galicia é servila cando máis o necesita.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
OPOSICIONES 2026 EN GALICIA
Galicia oferta 1.601 plazas de oposiciones en Educación para 2026
ACCIDENTE LABORAL MORTAL
Muere un hombre por una posible intoxicación de monóxido de carbono al revisar un generador
Lo último
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
La creatividad y la política
Pilar Falcón
DÍAS Y COPLAS
Febrero, el coreógrafo breve
Fermín Bocos
La insostenible posición de Óscar Puente
PRIMERA FEB
El COB se ahoga en Fuenlabrada (78-71)