Adxudicados pola Xunta de Galicia xa mil millóns dos fondos de recuperación
XUNTA DE GALICIA
Diego Calvo subliña que Galicia é a comunidade con mellor resolución do mecanismo: un 78,8%
A Xunta xa adxudicou 1.027 millóns de euros do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia, case o 90% do importe publicado en convocatorias e licitacións. Así o avanzou onte o conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, que se encargou de presidir o Consello da Xunta en ausencia de Rueda, que asistíu á executiva do PP en Madrid. Ademais, “a boa execución en Galicia” tamén a confirma os datos do Ministerio de Economía, que indican, segundo sinalou Calvo, que Galicia é a comunidade “con maior taxa de resolución dos fondos MRR: un 78,8%” (22,2 puntos máis que a media das comunidades e 20,2 puntos máis que a Administración xeral do Estado).
Segundo o informe analizado polo Consello, na actualidade, a suma dos recursos do MRR asignados polo Goberno central á Administración galega ascenden a 1.545 millóns de euros, o 5,8% do distribuído entre as comunidades autónomas, o que supón menos recursos dos que corresponderían á comunidade por PIB per cápita. Desa cantidade, a Xunta ten ingresados 1.453 millóns. Hai que lembrar que estes fondos se poden executar ata o ano 2026.
Na práctica, tal e como explicou o conselleiro, a Xunta está dando apoios “a máis de 53.000 persoas e 5.000 empresas ou entidades locais” a través destes fondos. As actuacións, informa a Xunta, concéntranse nas compoñentes do Plan relacionadas coa mobilidade sostible, as enerxías renovables, as políticas públicas para o mercado de traballo, a renovación e ampliación do Sistema Nacional de Saúde, a implantación da Axenda Urbana, a dixitalización, a modernización do sistema educativo, a economía dos coidados e a inclusión social.
Espazo Único Dixital
O conselleiro de Presidencia tamén avanzou que a Xunta vai destinar 5 millóns de euros á posta en marcha dun nodo de datos cidadá que concentrará toda a información sobre o cidadán e as súas relacións coa administración nun único punto. Simplificarase o acceso a toda Administración dixital e facilitaranse servizos adaptados. A carpeta cidadá da sede electrónica evolucionará para converterse no punto de acceso a todos os trámites dos cidadáns coa Administración. Haberá un rexistro único que permitirá unha identificación unívoca do cidadán, independentemente do sistema que empregue (Chave 365, Cl@ve, certificado dixital, DNIe) ou do departamento co que realice a xestión. Esta iniciativa enmárcase no III Plan de Administración e Goberno Dixital 2025.
Tamén onte, o Consello deu conta da resolución da orde de axudas para “a valorización, segunda transformación e ecoinnovación de produtos forestais”. A medida, que a Axencia Galega das Industrias Forestais, permitirá mellorar a competitividade das pequenas e medianas empresas que conforman o sector e limitar os impactos ambientais da actividade. Disporanse 4 millóns de euros.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
MÁS DE 35 GRADOS DE MEDIA
Julio, récord histórico de mes más caluroso de la ciudad de Ourense
FÚTBOL SALA
El Ontime, de vuelta en cancha
MÁS DE 80.000 EUROS
El Concello de Verín, sancionado por vertidos sin depurar al río Támega
Eduardo Medrano
TAL DÍA COMO HOY
Dom Pérignon