O aforro para a veciñanza varía entre o 30 % e o 80 % da factura
DESENVOLVEMENTO RURAL
O modelo impulsado pode ser unha ferramenta clave para o desenrolo rural e o emprego
As primeiras comunidades enerxéticas están en execución na provincia e aínda non teñen un ano de vida. Polo tanto, os resultados destas iniciativas veranse moi pronto. Dende Solgaleo apuntan a que o aforro para a veciñanza na factura da luz pode variar entre un 30% e un 80%, xa que este ano os precios da luz foron baixos, pero ante unha inminenta subida do custo da factura, o aforro aínda será maior. O tempo de espera entre que se inician os trámites destes proxectos, ao seren pioneiros o novedosos, calcúlase en torno a oito meses. Porén, debe destacarse que o aliñamento existente entre distribuidoras, industria e sector axuda a resolver situacións complicadas, polo que os tempos poden ser incluso menores.
Galicia ten neste momento un gran potencial para crecer en comunidades enerxéticas por varias razóns. A primeira é que Galicia ten abundantes recursos naturais, especialmente eólica e solar, sendo no primeiro caso unha das comunidades con maior capacidade de España, o que facilita a xeración de enerxía limpa. Doutra banda, Galicia ven de mostrar un forte compromiso coa sostenibilidade e a transición enerxética, o que se traduce en políticas e programas que fomentean o uso destas enerxía alternativas. Non debe esquecerse o creciente interese entre a cidadanía e comunidades locais por participar en iniciativas de enerxía renovable, amén do apoio institucional con fondos rexionais, ou nacionais, que apoian o desnerolo de proxectos de comunidades enerxéticas, o que facilita a súa implementación.
Comunidades
Non que afecta as comunidades enerxéticas, estanse a pór en marcha as OTC (Oficinas de Transformación Comunitaria) que son espacios destinados a informar, asesorar e acompañar a alqueira persona, peme ou autoridade local na creación e xestión destas comunidades. Tamén é moi importante considerar que as comunidades enerxéticas poden ser unha ferramenta clave para o desenrolo rural, axudando a diversificar a economía local e a crear emprego en áreas menos urbanizadas.
O Inega é socio do proxecto COMENERG: Comunidade enerxética transfronteiriza para a transición cara á autonomía e sustentabilidade enerxética das localidades da Raia, cun orzamento de 2.351.370 euros. O proxecto está financiado ao 75% polo fondo europeo de desenvolvemento rexional (FEDER) dentro do programa INTERREG VIN-A España Portugal (POCTEP) 2021- 2027.
Esta iniciativa aborda o reto de incrementar o peso das enerxías renovables sobre o consumo bruto final de enerxía no espazo transfronteirizo de Galicia-Norte de Portugal a través do impulso de iniciativas piloto de descentralización da produción de enerxía a pequena escala, orientadas ao autoconsumo en zonas rurais, que se enfrontan ao reto demográfico e ao envellecemento poboacional.
Desenvolverá tres experiencias piloto de comunidades enerxéticas locais con infraestruturas de xeración de enerxía fotovoltaica. A implementación das experiencias piloto de comunidades enerxéticas, o estudo e divulgación dos resultados das mesmas, co apoio dunha oficina transfronteiriza de asesoramento especializado na materia, favorecerá a creación de novas comunidades enerxéticas a ambos os dous lados da fronteira.
O estudo doutras fontes de enerxía renovables de carácter endóxeno e a súa viabilidade e aplicabilidade a nivel de comunidades enerxéticas locais de carácter similar, favorecerá a posta en marcha de experiencias de comunidades enerxéticas nas que a produción para o autoconsumo fágase a partir de novas fontes tamén de carácter local.
Por último, o piloto de monitorización das experiencias de comunidade enerxética local que se poñerán en marcha de forma paralela aos dous lados da fronteira favorecerá a detección de boas prácticas identificadas a partir do estudo comparado tendo en conta a idiosincrasia e características propias de cada comunidade.
No lado portugués, unha aldea da contorna rural do municipio de Melgaço proponse como posible lugar de implementación do proxecto piloto de Comunidade Enerxética Local. En Galicia, iniciarán as accións de sensibilización e información en doce municipios: Riós, A Gudiña, A Peroxa, Muíños, Carballeda de Avia, Larouco, San Xoán de Río, Maceda, San Amaro, Os Blancos, A Merca e Montederramo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
3.000€ POR BENEFICIARIO
Las ayudas de la Xunta para mejorar la imagen de las viviendas se podrán solicitar en enero
Lo último