'Afouteza', escollida 'Palabra do Ano' gracias á Real Academia Galega
CULTURA
Obtivo o 48% dos votos nunha iniciativa que busca divulgar o léxico galego
O termo "afouteza" foi escollido como "Palabra do Ano 2017", nunha iniciativa promovida pola Real Academia Galega (RAG) e a Fundación Barrié dentro do seu proxecto o `Portal das Palabras`, segundo informa a institución académica.
Esta palabra obtivo o 48% dos votos nun proceso promovido dentro do proxecto web impulsado por estas institucións para a modernización e a divulgación do léxico galego. O termo gañador, ao que votaron 3.004 persoas das 6.228 participantes, impúxose a outro sete finalistas.
Todas elas "palabras con forza informativa, que centraron por diversos motivos os temas de maior presencia nos medios", explica a RAG. Ademais, trátase de termos que tiveron máis impacto social "e a maioría cun valor engadido desde o punto de vista estritamente lingüístico", engade.
Outras palabras escollidas
Após a palabra seleccionada, "independencia" foi a seguinte en número de votos, cun total de 939, e "sapoconcho", a terceira, con 830 votos. "Eucaliptizació", "teimudo", "vaga de lumes", "violencia de xénero" e "velutina" completan, por esta orde, a táboa de posicións finais.
No tres edicións anteriores, as gañadoras foron "irmandade" (2016); "refuxiados" (2015) e corrupción (2014). No caso da gañadora deste ano, a RAG lembra que se trata dun termo usado nunha campaña do Celta de Vigo "Ensinémoslle ao mundo o significado da afouteza", baseado nun verso do himno do clube.
"A motivación dos afeccionados pesou en que gañase a Palabra do Ano", recoñece a RAG. Non entanto, vincúlao tamén con "o poder semántico" desta palabra e o seu contido con "implicacións máis aló do mundo futbolístico".
Sobre o significado, lembra que pode referirse á disposición de quen actúa sen temor ás dificultades ou perigos ou á seguridade que unha persona demostra en si mesma.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ELECCIONES GENERALES 29-N
Casi un tercio de los diputados gallegos en el Congreso no repetirán escaño
Lo último
FUERTE DISCUSIÓN
Muere una mujer apuñalada en Murcia y buscan a un hombre que se fugó
SECTOR TURÍSTICO
Petín ya tiene candidata para la alcaldía por el PP