DIÁLOGO ENTRE ADMINISTRACIÓN Y SINDICATOS
El plan de la Xunta para reducir las bajas laborales estará listo la primera quincena de julio
En declaracións ós medios, tras coñecerse o escrito de cualificación da Fiscalía, Montero explicou que, a falta de estudar toda a documentación, os delitos recollidos polo fiscal serán incluídos no da acusación que exerce a Catedral, aos que se sumarán outros 'máis', como o de falsificación de documento.
Deste modo, a acusación particular exercida pola basílica compostelana prevé elevar a petición de penas solicitadas polo fiscal Antonio Roma, xa que se considera, por exemplo, que no caso de documentación subtraída 'afectou' á Catedral e non a enmarcará nun delito de roubo continuado como recolle a Fiscalía.
O avogado da Catedral compostelana dispón dun prazo de dez días para presentar o escrito de acusación, que remitirá ao xulgado previsiblemente antes do 24 de abril.
O fiscal considera a José Manuel F.C. autor dun delito continuado de roubo con forza -polo que pide cinco anos de cárcere-; outro contra a intimidade -dous anos de prisión-; un delito de roubo con forza -5 anos pola subtracción do Códice- e outro de branqueo de capitais -tres anos-.
Mentres, en concepto de responsabilidade civil, demanda que indemnice á Catedral compostelana en 2.311.074,34 euros e 30.016 dólares, que se corresponden coas cantidades subtraídas na basílica.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
DIÁLOGO ENTRE ADMINISTRACIÓN Y SINDICATOS
El plan de la Xunta para reducir las bajas laborales estará listo la primera quincena de julio
RECOMENDACIONES PARA LOS VIAJEROS
Cambian los horarios de trenes en A Coruña desde el 11 de julio por las obras de la nueva estación
Lo último
Nueva tecnología
Los seguros, otra ventana de oportunidad en el negocio de la IA
SIN CARNET, ITV NI SEGURO
Detienen a la conductora que se dio a la fuga tras arrastrar un agente en Verín