POSIBLE FALLO EN LA ESTRUCTURA
Tres menores resultan heridos en Vimianzo tras caer desde un balcón
O alcalde de Carnota, Ramón Noceda (BNG), explicou que nesta tarde o consistorio realizará un pleno extraordinario e urxente para solicitar esta declaración, co obxectivo de que sexan tomadas as medidas necesarias para a recuperación do monte e precaucións contra os escoamentos, previstos para cando chegaren as chuvias.
Tamén reclamará o Concello que se habilite o fondo para situacións catastróficas, xa que, alén das perdas ecolóxicas, centos de casas, apuntou o alcalde, sufriron danos en efectos, propiedades, e mesmo hai zonas en que ficaron todas as vivendas sen persianas, e tamén sufriron danos explotacións agrícolas.
O alcalde explicou que o monte Pindo quedou arrasado polo lume que, segundo as últimas estimacións, afectou 1.600 hectáreas e que baixou pola ladeira até a mesma praia, a máis longa de Galicia.
Mentres os efectivos contra os incendios intentan nesta mañá evitar que as chamas cheguen a casas na vila do Pindo, Noceda comentou que o valor deste monte, evocado por escritores e etnógrafos, é 'impresionante'.
Asegurou que este enclave paisaxístico conta con 250 especies 'únicas' de gran valor ecolóxico e, 'desgrazadamente, desapareceron'. A súa recuperación será 'moi difícil', dixo o rexedor, polo que tamén demandará axuda para que se recupere o valor ecolóxico deste espazo xeolóxico singular.
O incendio, que encheu de fumo a comarca, tamén afectou centenares de casas, dixo o alcalde, 'danos que haberá que cuantificar'.
Ramón Noceda afirmou que non hai indicios por agora de que o lume fose intencionado, aínda que 'as sospeitas son todas' porque o lugar, a hora, e a intensidade do vento do momento en que se orixinou 'así o parecen indicar'.
'E creo que foi para destruír o monte Pindo, foi adrede' aínda que, ao preguntado Noceda por a quen pensa que pode interesar, subliñou: 'Iso gustaríame a min saber tamén'.
O alcalde lembrou que existe un movemento en Galicia 'e fóra de Galicia' para que o monte Pindo sexa declarado parque natural, tendo en conta que 'todo son vantaxes', de forma que contaría con maiores coidados, orzamento propio ou vixilancia.
Ao seu xuízo, se fose declarado, as probabilidades de lume 'serían completamente diferentes' porque, aínda que 'é imposíbel dicir que non se ía queimar', tería menos posibilidades, manifestou.
'Desgrazadamente, queimouse todo, as zonas endémicas de carballo anano ou as valgas do Pindo, que teñen un valor ecolóxico tremendo, e que quedaban sen queimar doutros lumes que houbo antes, están todas destruídas'.
Falta por saber se na zona norte, contra a fervenza do Ézaro, permanece unha zona sen devastar. O alcalde apuntou que non cre que 'quede nada' alí, mais probabelmente, agregou, haxa que esperar a que termine o lume para poder comprobalo.
Lembrou tamén que na primeira noite do lume foron desaloxados veciños, especialmente xente de idade avanzada, mais foron realoxados noutras casas ou volveron ás súas, aínda que o Concello ten un plan de realoxamentos e planificou, por se fose necesario, un albergue en Caldebarcos.
O alcalde comentou igualmente, nun ton máis intimista, que o lume afectou unha paraxe 'mítica para nós e moi querida', o monte Pindo, amado non só polos veciños da súa localidade, senón por todos aos que lles gusta a natureza.
Se durante a catástrofe provocada pola marea negra do petroleiro 'Prestige' en 2002, Carnota foi parte da 'zona cero' -o epicentro estaba en Muxía-, agora é 'cero, cero, cero, porque non queda nada' no Pindo, concluíu.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
POSIBLE FALLO EN LA ESTRUCTURA
Tres menores resultan heridos en Vimianzo tras caer desde un balcón
AUMENTO DEL 8,1%
Un año con 7 heridos graves en 40 siniestros con patinete en Galicia
Lo último
EN CONFIANZA
Manolo Celta, a maxia da fotografía con Potiños
DECLARACIONES POST PARTIDO
Dani Llácer, entrenador del Ourense CF: “Pusimos el modo superviviente”
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, domingo 22 de marzo?