RESCATE EN LA PLAYA
Yolanda y Miguel, dos héroes anónimos que jugaban a vóley en Vigo
PLAGA
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este venres 14 de febreiro a resolución da Consellería do Medio Rural, na que se declara a contención da zona demarcada das Neves, en Pontevedra, do nematodo do piñeiro, onde se establece unha nova zona demarcada e as medidas para o control deste organismo de corentena.
Malia as actuacións realizadas, non foi posible erradicar este organismo nocivo e constatouse que a súa presenza foi continuada e progresiva e que o número de positivos foi en crecemento, especialmente a partir do 2018.
Na resolución declárase a aplicación das medidas de contención na zona demarcada das Neves. Ao tempo, establécese unha nova zona demarcada neste mesmo concello, suxeita a medidas de contención, que substitúe á anterior área de erradicación. A nova zona demarcada estará formada por unha área infestada e outra tampón de 20 quilómetros ao redor da infestada. Na propia resolución pódese consultar o mapa con esta zonificación:
No mapa, a área infestada correspóndese coa delimitada dentro da liña vermella e a tampón, coa azul.
Así mesmo, na resolución defínense os concellos total ou parcialmente incluídos na zona demarcada.
A Cañiza, A Guarda, Arbo, As Neves, Baiona, Covelo, Crecente, Fornelos de Montes, Gondomar, Mondariz, Mondariz-Balneario, Mos, Nigrán, O Porriño, O Rosal, Oia, Pazos de Borbén, Ponteareas, Redondela, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Tomiño, Tui e Vigo, na provincia de Pontevedra.
A Arnoia, Avión, Bande, Beade, Beariz, Boborás, Carballeda de Avia, O Carballiño, Cartelle, Castrelo de Miño, Celanova, Cenlle, Cortegada, Entrimo, Gomesende, Leiro, Lobeira, Lobios, Melón, Padrenda, Pontedeva, Quintela de Leirado, Ramirás, Ribadavia, San Amaro, Toén e Verea, na provincia de Ourense.
A Cañiza, Bueu, Cangas, Cerdedo-Cotobade, Forcarei, Covelo, Crecente, Fornelos de Montes, A Lama, Marín, Moaña, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra, Pazos de Borbén, Redondela, Sanxenxo, Soutomaior, Vigo e Vilaboa, na provincia de Pontevedra.
Neste territorio da zona demarcada deberán executarse unha serie de medidas de contención que se explican na resolución. Algunhas delas obrigatorias, como, entre outras, as que teñen os propietarios das parcelas ou as administracións implicadas da zona infestada de cortar todas as árbores sensibles nas que se detecte a presenza do nematodo, así como de retirar e eliminar as plantas cortadas e os restos de corta tomando todas as precaucións necesarias para evitar a propagación do organismo e os seus vectores.
Ademais, os propietarios das parcelas ou as administracións implicadas da zona tampón teñen a obriga de identificar e cortar todas as plantas sensibles mortas, con mala saúde, ou afectadas por incendios forestais ou tormentas. A resolución tamén contempla unha serie de condicións para a circulación e traslado tanto das plantas como da madeira e a codia sensibles fóra das zonas demarcadas e de zona infestada á zona tampón.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
RESCATE EN LA PLAYA
Yolanda y Miguel, dos héroes anónimos que jugaban a vóley en Vigo
ALARMA DE UN PARTICULAR
Trasladadas dos personas tras un incendio en la cocina de una vivienda en Ribadeo
ENTRE 2017 Y 2025
Indemnizaciones por casi 730.000 euros en los incendios en Galicia
Aprovechamiento del agua
Gráficos | Radiografía de los embalses en Galicia, ¿una solución ante la sequía?
Lo último
Fernando González
DESCUBRINDO A BIBLIA EN OURENSE
Tensión e cansazo
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Después del Código Hays
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este viernes, 21 de agosto
Julia Navarro
Madres, padres