AUMENTO DEL 8,1%
Un año con 7 heridos graves en 40 siniestros con patinete en Galicia
65 ROMARÍA
Catoira celebra hoxe o seu día grande da Romería Vikinga co desembarco dos normandos nas Torres do Oeste previsto para ás 12.30 horas. Os vikingos chegarán polo Ulla en tres drakkars, totalmente fieis aos que utilizaba este pobo nas súas conquistas. De feito, este ano, unhas das súas embarcacións máis lonxevas foi sometida a unha rehabilitación de tres meses nun astilleiro da comarca arousana.
O público poderá acceder á zona habilitada moi próxima ás torres onde, unha vez que desembarquen, os bárbaros loitarán contra a poboación local. Para tal fin, arredor de 200 persoas levan semanas ensaiando este acto no que se coita ata o último detalle.
O Concello porá aparcamentos gratuitos en fincas próximas á zona, xa que se sitúa nunha paraxe protexida e non é posible acceder ata o mesmo lugar co vehículo. Polo tanto, cómpre seguir as indicacións de Protección Civil e axentes policiais.
A 65 Romaría Vikinga de Catoira, declarada de Interese Turístico Internacional, ampliou a súa oferta festiva con teatro e un mercado medieval no centro da vila, que permanece aberto desde o pasado venres e poderase gozar hoxe tamén. No recinto hai atraccións para nenos, postos de artesanía e gastronómicos. A intención do goberno local con isto é o de levar aos visitantes ao centro.
Ademais, onte tivo lugar un xantar vikingo, no que participaron tanto veciños coma foráneos co único requisito de ir convenientemente ataviados coa indumentaria normanda. As ‘ordas’ degustaron churrasco, chourizo e moita cerveza.
As persoas que se acheguen hoxe a catoita na áreas das Torres do Oeste tamén poderán participar en xogos vikingos, comer e beber nos postos habilitados.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
AUMENTO DEL 8,1%
Un año con 7 heridos graves en 40 siniestros con patinete en Galicia
INGRESOS EN LOS HOGARES
El salario solo es el 46% de la renta de los gallegos, el mínimo histórico
INCIDENTE AGRARIO
Muere un hombre tras volcar su tractor en O Corgo, Lugo
Lo último
La Región
¿Cuándo llega el Día de las Oportunidades?
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este domingo, 22 de marzo
CONTINÚAN LOS ATAQUES
Irán ataca Dimona, ubicación de las principales instalaciones nucleares israelíes
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: domingo, 22 de marzo