Colocan o busto de Manuel Fraga en Vilalba tras un acto vandálico
Fontes do Concello da localidade lucense, explicaron que o busto non sufriu danos significativos e tan só foi necesario volver colocalo na súa localización orixinal.
O busto do expresidente da Xunta Manuel Fraga e o pedestal sobre o que se atopa situado na Alameda de Vilalba (Lugo) foron derrubados na madrugada deste martes.
Segundo informou a Europa Press o alcalde de Vilalba, Gerardo Criado (PP), a Garda Civil abriu unha investigación para determinar o sucedido, tras a denuncia presentada polo Concello, se ben se cree que o busto de bronce co seu pedestal de granito -a parte máis pesada- foron tirados ao chan cuns cables enganchados a un vehículo, "seguramente un todoterreno".
Así, despois de que se dese aviso "a primeira hora da mañá" de que tanto o busto togado de Manuel Fraga como o pedestal estaban tirados polo chan, o Concello de Vilalba deu orde para reestablecela no seu lugar. De tal forma, sobre as 9,30 horas deste martes estaba de novo colocado na súa cidade de nacemento o monumento a quen foi líder dos populares galegos.
Neste sentido, Gerardo Criado explica que o busto non sufriu danos significativos e tan só foi necesario volver colocalo na súa localización orixinal.
Este busto, que se atopa en fronte da casa natal de Fraga, foi colocado na praza en 1970. De feito, xa sufriu outros actos vandálicos como cando foi tirado ao río en 2001, tras o cal se optou por reforzar a súa base para mellorar a súa suxeición.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
3.000€ POR BENEFICIARIO
Las ayudas de la Xunta para mejorar la imagen de las viviendas se podrán solicitar en enero
Lo último
COLOR DEL AÑO
Cloud Dancer: minimalismo, calma y moda en un solo color
Los ingenieros agrícolas de Ourense renuevan su cúpula
Pepe Paz, presidente do Colexio de Enxeñeiros Agrícolas: “Temos que facer un novo rural con mais industrias agroalimentarias”
Chito Rivas
PINGAS DE ORBALLO
As esperas teñen idade?