DIÁLOGO ENTRE ADMINISTRACIÓN Y SINDICATOS
El plan de la Xunta para reducir las bajas laborales estará listo la primera quincena de julio
Política Galicia
O Grupo Parlamentario de En Marea discute este luns a continuidade de Paula Quinteiro, a deputada que se viu envolta nun altercado coa Policía Local na madrugada do 18 de marzo, e cuxa dimisión reclama o Consello das Mareas, órgano máximo de dirección entre plenarios do partido.
Os parlamentarios da forza rupturista -co seu portavoz, Luís Villares, á cabeza- evitaron facer declaracións aos medios á súa saída, nun receso á hora para comer, das dependencias do grupo, onde desde as 10,00 horas deste luns abordan a crise interna desatada polo caso da militante de Podemos e afín á corrente 'Anticapitalistas'.
Trátase da cuarta reunión do grupo para tratar a continuidade de Paula Quinteiro. Na última delas, celebrada o pasado venres, os parlamentarios acordaron non pedir a renuncia e optar pola apertura dun expediente interno até coñecer as resolucións policiais e xudiciais.
A proposta foi levada ao Consello das Mareas e presentada polo propio Villares, que tamén encabeza este órgano de dirección, así como a coordinadora (que equivale á executiva nun partido clásico) que, días antes, emitira un comunicado no que reclama a dimisión de Quinteiro.
Con todo, logo de que o grupo de críticos coa dirección abandonase a reunión asegurando que Quinteiro estaba a ser sometida a "un xuízo político", o Consello das Mareas acordou pedir a renuncia da deputada ao entender que a viguesa non cumpre cos requisitos "éticos e de transparencia" para exercer o labor parlamentario.
A resolución foi levada este luns ao seo de En Marea no Pazo do Hórreo, no que existen varias voces que xa expresaron publicamente o seu apoio a Quinteiro, cuxa renuncia tamén pide, ademais da dirección do partido instrumental, un dos principais referentes do espazo rupturista, o histórico político nacionalista Xosé Manuel Beiras.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
DIÁLOGO ENTRE ADMINISTRACIÓN Y SINDICATOS
El plan de la Xunta para reducir las bajas laborales estará listo la primera quincena de julio
RECOMENDACIONES PARA LOS VIAJEROS
Cambian los horarios de trenes en A Coruña desde el 11 de julio por las obras de la nueva estación
Lo último
Nueva tecnología
Los seguros, otra ventana de oportunidad en el negocio de la IA
SIN CARNET, ITV NI SEGURO
Detienen a la conductora que se dio a la fuga tras arrastrar un agente en Verín