"POR NUESTRAS ABEJAS"
La apicultura exige más ayuda contra la velutina en Galicia
A Real Academia Galega celebrou esta mañá o pleno extraordinario do Día das Letras Galegas dedicado ao filólogo e escritor Ricardo Carvalho Calero (Ferrol, 1910–Santiago de Compostela, 1990) no paraninfo da Universidade de Santiago de Compostela, no mesmo edificio en que impartiu clases como primeiro catedrático de lingua e literatura galegas en Galicia. A sesión constou de tres alocucións académicas que profundaron na vida, na poesía e nas contribucións ao estudo científico do galego do filólogo, profesor, escritor e académico ao que a Real Academia Galega lle rendeu homenaxe este ano a cargo de Margarita Ledo, Ramón Villares e Francisco Fernández Rei. O presidente da RAG, Víctor F. Freixanes, reivindicou o exemplo de don Ricardo, “un referente no que podemos e debemos seguir traballando alén do ano da homenaxe”, e mais a presenza do galego en todos os ámbitos.
“Nestes días en que volve a discutirse a utilidade dos idiomas e alguén quere reducir a cuestión a termos cuantitativos e excluíntes, a Real Academia Galega reivindica o uso e a presenza da nosa lingua en todos os ámbitos, como fixeron os precursores das Irmandades da Fala, os precursores de Nós: uso e presenza tamén no ámbito educativo, en todas as materias, sen excepcións, pensando moi especialmente nas novas xeracións, ás que debemos dotar de ferramentas e espazos de actividade para o seu desenvolvemento”, expresou Víctor F. Freixanes. O presidente da Academia avanzou que a institución iniciou contactos con Euskaltzaindia e mais co Institut d’Estudis Catalans para “abrir un debate sincero e interesar a todo o Estado español nun patrimonio que quixeramos que se considerase común, un patrimonio –as linguas de España, que dicía o poeta vasco Aresti–, que nos compromete a todos e do que debemos sentírmonos copartícipes e orgullosos”, engadiu.
Víctor F. Freixanes demandou ademais aos poderes políticos, económicos e mediáticos “un apoio decidido” á difusión da lingua e da cultura galegas. “Somos conscientes de que unha cultura é fundamentalmente un espazo de comunicación, no que nos socializamos e sobre o que construímos o futuro na medida en que nos comunicamos e nos abrimos ao mundo. Somos universais porque queremos e sabemos estar no mundo, que é a contemporaneidade”, proseguiu.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
"POR NUESTRAS ABEJAS"
La apicultura exige más ayuda contra la velutina en Galicia
PIDEN FINANCIACIÓN ESTATAL
Galicia recibirá a ocho menores desde Ceuta esta semana y la Xunta avisa: "Estamos al límite"
FUNDACIÓN LÍNEA DIRECTA
Casi el 90% de los conductores en Galicia suspenderían hoy el examen teórico
Lo último
SUBESTACIÓN DEL BARBAÑA
Un elevado “peaje” eléctrico en la Alameda de Ourense
Rafael Torres
Por ser estudiante y mujer
PLAZAS PARA MAYORES
Toén y Ribadavia se adelantan dentro del Plan de Residencias