Feijóo: "Galicia pode construir un sector económico entre Nigrán, a facultade de Aeroespacial en Ourense e o centro de Rozas"
GALICIA
O presidente da Xunta inagurou este venres o edificio tecnolóxico aeroespacial de Porto do Molle
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, referiuse hoxe a Porto do Molle como un punto de encontro entre investigadores e emprendedores para converter Galicia nun referente europeo nos sectores aeronáutico e aeroespacial. "Estamos contribuíndo a crear un espazo propio para que os investigadores, os tecnólogos, as empresas, as universidades e os centros de coñecemento traballen xuntos", dixo, en referencia ao novo Edificio Tecnolóxico Aeroespacial en Nigrán.
Durante o acto de inauguración deste edificio, Feijóo avogou por seguir apostando pola innovación académica e pola innovación empresarial e afirmou que para reforzar esta aposta é preciso xerar confianza e para iso é necesario que Galicia teña un marco lexislativo estable, atraer investimentos foráneos e propoñer unha visión estratéxica que permita captar fondos europeos. É necesario tamén potenciar un ecosistema innovador: reter o talento e reforzar o tecido de centros do coñecemento, como as universidades ou os centros tecnolóxicos.
Logo de asegurar que este novo edificio permitirá impulsar o sector aeronáutico e aeroespacial, Feijóo afirmou que nel colaborarán algúns dos mellores enxeñeiros de Galicia, os que investigan en centros tecnolóxicos como Aimen e Gradiant e na Universidade de Vigo. "E tamén será, nun futuro, un polo que atraia aos titulados no grao en Enxeñaría Aeroespacial que ofrecerá esta Universidade no seu campus de Ourense", dixo, engadindo que en Porto do Molle tamén traballarán emprendedores innovadores do sector tecnolóxico, aeroespacial ou que impulsen calquera iniciativa intensiva en coñecemento.
Así mesmo, precisou que este centro estará tutelado pola Fundación Centro de Innovación Aeroespacial (Cinae). "Os grupos de investigación de AtlantTic e as escolas de Enxeñaría Industrial e Minas estarán traballando ombro con ombro co Cinae, que tamén contará co apoio da Xunta no eido da financiación", explicou. "Entre Nigrán, a facultade de Enxeñaría Aeroespacial en Ourense e o centro de Rozas, Galicia ten unha ocasión de construír un novo sector económico", concluíu
Contenido patrocinado
También te puede interesar
OPOSICIONES 2026 EN GALICIA
Galicia oferta 1.601 plazas de oposiciones en Educación para 2026
ACCIDENTE LABORAL MORTAL
Muere un hombre por una posible intoxicación de monóxido de carbono al revisar un generador
Lo último
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
La creatividad y la política
Pilar Falcón
DÍAS Y COPLAS
Febrero, el coreógrafo breve
Fermín Bocos
La insostenible posición de Óscar Puente
PRIMERA FEB
El COB se ahoga en Fuenlabrada (78-71)